InicioSociedadeLugo é unha das catro cidades galegas que xa traballan na regulación...

Lugo é unha das catro cidades galegas que xa traballan na regulación do patinete eléctrico

A nova ordenanza de Mobilidade incluiría condicións de circulación para estes vehículos, en base ás instrucións dadas pola DXT.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A chegada da moda dos patinetes eléctricos é un dos novos retos aos que debe facer fronte a mobilidade urbana en Galicia, un elemento que, no entanto, asume un protagonismo desigual nas distintas cidades: desde o caso da Coruña, Vigo ou Pontevedra, onde este tipo de vehículos están moi presentes nas rúas, a outras, como Ourense ou Ferrol, nas que, polo momento, aínda son unha excepción.

Aínda que, afortunadamente, a cifra de accidentes graves protagonizados por este tipo de vehículos nas cidades galegas é pequeno, un dos retos de futuro das urbes é regular o seu uso e as súas condicións de circulación.  En Galicia, catro das sete cidades traballan xa no desenvolvemento dunha normativa propia na materia. Lugo, por exemplo, traballa xa nunha nova ordenanza de Mobilidade que, en base ás instrucións dadas pola DXT, regule de forma concreta este tipo de vehículos na cidade, tal e como confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...