InicioSen categorizarLugo, preparada para acoller as reliquias de Santa Bernadette de Lourdes

Lugo, preparada para acoller as reliquias de Santa Bernadette de Lourdes

PUBLICADA O

- Advertisement -

As reliquias de Santa Bernadette de Lourdes visitarán a Diocese de Lugo con motivo da celebración do 175 aniversario do seu nacemento e o 140 da súa morte, e serán recibidas este mércores – 11 de setembro– polo bispo, Alfonso Carrasco Rouco.

Segundo explicou a Diócese de Lugo, con motivo desta efeméride, as “reliquias da santa de Lourdes están a realizar unha peregrinación por corenta e oito dioceses españolas” e esta semana chegarán á de Lugo.

O bispo será o encargado de recibilas este mércores, a partir das 12 horas, na igrexa de San Froilán.

Nesta parroquia permanecerán ata o venres, día 13 de setembro, data na que partirán cara a Santiago de Compostela.

Con motivo da presenza das reliquias da Santa, a Hospitalidade da nosa Señora de Lourdes preparou un programa de actos que inclúe charlas, proxección de películas, procesións e outros actos relixiosos.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...