InicioLugo e contornaLugoLara Méndez recoñeceu que o principal obxectivo do novo curso político...

Lara Méndez recoñeceu que o principal obxectivo do novo curso político pasa por “sentar para elaborar” o orzamento

A rexedora precisou que o goberno local aínda continúa executando obras con cargo ao orzamento de 2018, porque o Concello non contou cos necesarios orzamentos "até o mes de abril".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recoñeceu este luns que o principal obxectivo do goberno bipartito ao comezo do novo curso político pasa por “sentar para elaborar” o orzamento correspondente a 2020, coa finalidade de que estea aprobado en xaneiro para que o período de execución sexa de doce meses completos.

Lara Méndez fixo estas declaracións, a preguntas dos xornalistas, durante o acto de apertura dun novo parque infantil na cidade, concretamente na Praza de Bretaña, en cuxa execución o Concello investiu 88.000 euros.

A rexedora precisou que o goberno local aínda continúa executando obras con cargo ao orzamento de 2018, porque o Concello non contou cos necesarios orzamentos “até o mes de abril”.

Agora, precisou, unha vez que o goberno local suma maioría absoluta grazas á coalición de nacionalistas e socialistas, dixo que o principal obxectivo é “aprobalos en tempo e forma”, de forma que poidan ser executados a partir de xaneiro, “desde principios de ano”.

Desde o seu punto de vista, trátase dun paso indispensable para “seguir planificando” e “desenvolvendo o seu modelo de cidade”, mesmo para pór en marcha grandes infraestruturas pendentes nas que están implicadas outras administracións, como a futura estación intermodal.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

O PP pide un plan urxente de melloras no polígono industrial do Ceao-As Gándaras

Os populares denuncian que existen problemas graves de conservación e abandono nesta área industrial,...