InicioSociedadeO PP denuncia roubos en instalacións deportivas municipais

O PP denuncia roubos en instalacións deportivas municipais

O pavillón Daniel Cordido, na Piringalla, é un dos máis afectados, din. Ademais, critican a deixadez do Concello para solucionar os problemas de goteiras e para erradicar a presenza de ratas nas súas inmediacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do grupo municipal do PP, Óscar Poy, denuncia que nas instalacións deportivas municipais se teñen sucedido diferentes roubos, polo que esixe ao goberno local que aumente a vixilancia nestes puntos.

Poy sinala que unha das instalacións máis afectadas polos ladróns é o polideportivo Daniel Cordido, situado na Piringalla. Segundo asegura, os cacos xa entraron en varias ocasións e iso causa unha “inseguridade enorme” aos usuarios.

O club de hóckey Lóstregos Lucus foi un dos que sufriu a situación de primeira man, tal como aseguran dende o PP. Os ladróns entraron na súa oficina e causaron estragos e desorde. “Non se trata só de preocuparse pola recadación qeu levan. Estes clubs e os seus xogadores teñen que facer un gran esforzo para ter todo o seu material, que na maioría dos casos é moi caro, polo que calquera acto vandálico ou roubo supón unha factura moi grande“, denuncia Poy.

GOTEIRAS E RATAS

Por outra banda, o concelleiro popular tamén criticou as deficiencias que presenta dito pavillón, como as goteiras que provocaron a suspensión dalgún encontro de hóckey liña. “Hai tempo que se lle promete aos clubs corrixir este problema, pero polo de agora non se ve interese algún do goberno local”, dixo Poy, que urxiu o inmediato inicio dos traballos de mellora para poder comezar con normalidade a tempada de adestramentos.

Outro dos puntos sobre os que incidiu Óscar Poy foi o da presenza de ratas nas inmediacións do pavillón. “Sermella que o goberno local se lava as mans e nega a súa existencia”, mentres os clubs xa “tiveron que poñer trampas” para atallar eles mesmos o contratempo.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...