InicioSociedadeDenuncian que a piscina de Muras aínda non abriu, malia ter un...

Denuncian que a piscina de Muras aínda non abriu, malia ter un socorrista contratado

O PP municipal critica a mala xestión do goberno local por manter as instalacións "nun estado lamentable" xa co verán avanzado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Muras critica a xestión do Concello no que respecta á piscina municipal, que aínda non abriu pese a ter xa o socorrista contratado. Acusan o goberno local, ademais, de non manter en boas condicións as instalacións.

“Estamos xa co verán avanzado e esta instalación está nun estado lamentable. A piscina está sucia. Non a baleiraron e non dan desfeito esta sucidade nin con produtos químicos”, lamenta Eugenia Requeijo, do PP de Muras. Explica que eses son os motivos polos que o Concello non abriu a piscina e pide “que non lle boten a culpa a ninguén; se non fan o que teñen que facer, é responsabilidade deles”.

Así pois, Requeijo trasladou as súas queixas por escrito ao Concello, a única entidade que ten competencia sobre a piscina.  Reclaman unha pronta solución, porque “ten ao socorrista mirando para o aire por non actuar como se debe”. Pensan que esta é unha cuestión que ben poderían ter resolto a tempo os edís do goberno. “Teñen tres salarios e nin son capaces de abrir a piscina”, din.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...