InicioLugo e contornaLugoLugonovo cualifica de “ignorancia” os ataques de PP e C’s contra un...

Lugonovo cualifica de “ignorancia” os ataques de PP e C’s contra un mural do poeta Manuel María

O mural ten letras do gran poeta lucense Manuel María e está adicado aos Mártires de Carral, que foron asasinados en 1846  por reclamar liberdades nun réxime totalitario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Mártires 1846

Foi polo mes de abril do século dezanove.

¡Un berro forte baril a toda patria conmove!

Solís en Lugo berrou un berro de rebeldía

¡Galiza enteira acorda!

¡O pobo enteiro se erguía!

 

Este poema é o que está nun mural da rúa San Roque de Lugo e que para o PP é motivo de denuncia por ser “independentista”. Trátase dun poema do gran poeta lucense, Manuel María, homeaxeado cun Día das Letras Galegas en 2016. E está adicado á gran revolta de 1846 protagonizada polo coronel liberal Miguel Solís.

E agora, estas letras son motivo de disputa política por parte dos populares que o consideran unha “pintada independentista”. Por iso, de “ataque agudo de ignorancia”, cualificou Lugonovo a reacción do Partido Popular e de Ciudadanos sobre este mural. “Desautorízase así mesmo quen descoñece a propia historia de Lugo e a importancia que esta cidade tivo nas loitas do século dezanove pola liberdade”, lamentou o seu candidato Xosé Chorén.

“Ademais, atreverse a cuestionar a un grande das letras como Manuel María é simplemente negar a nosa cultura e poñerlle paus nas rodas á nosa lingua, un comportamento que, por outra banda, non nos sorprende tendo en conta de quen vén”, engade o candidato de Lugonovo ás vindeiras eleccións municipais.

A formación amosa o seu apoio á liberdade creativa e de expresión “e, sobre todo, á cultura sen corsés” especialmente cando, “coma neste caso, como xa referiu o goberno local, a actuación conta con todos os permisos pertinentes”, conclúe Chorén Vázquez.

A polémica iniciouse tras denunciar, primeiro C’s nas redes sociais, e logo o PP, que este era un mural “independentista”. De feito, os populares mesmo vincularon este mural con motivos prohibidos pola Constitución. Unhas denuncias que coinciden coa situación que se viven en Euskadi e en Cataluña e que son as mesmas que realiza o seu líder, Pablo Casado, o de Ciudadanos, Alber Rivera e o de Vox, Santiago Abascal, defendendo a “españolidade” para enfrontarse aos independentistas.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...