InicioLugo e contornaPP e PSOE volven enlearse na busca de responsabilidades sobre a demora...

PP e PSOE volven enlearse na busca de responsabilidades sobre a demora da apertura das residencias

O presidente da Deputación explicou que os populares acordaron con Suplusa presentar un recurso contencioso administrativo para paralizar os centros da Fonsagrada e Pol. Os populares lamentan que a estratexia do PSOE sexa un "intento desesperado" por desviar a atención

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acusou o PP de “bloquear” a apertura de residencias para maiores. En concreto, criticou que demoren o proceso ao presentar un recurso contencioso a través de Suplusa para solicitar a paralización inmediata destes centros na Fonsagrada e Pol. O PP non se pronunciou respecto dese recurso, pero acusou os socialistas de levar a cabo “intentos desesperados” para desviar a atención sobre uns centros inaugurados “hai catro anos” e que aínda non abriron.

No Consello de Administración da sociedade dependente da Deputación e presidida polo deputado non adscrito Manuel Martínez, “os populares acordaron por unanimidade” a presentación dun recurso contencioso administrativo, asegurou Campos.”É unha absoluta irresponsabilidade por parte dos ‘populares’, que fan todo isto por intereses partidistas e para tentar sacar rédito electoral á conta de facer dano aos veciños. Pero non van frear o traballo da Deputación e os concellos”, advertiu o presidente provincial.

Sobre o avance neste campo, avanzou que xa se está seleccionando os usuarios das residencias de Trabada e Ribadeo. Ademais, este venres, na xunta de goberno provincial, aprobarase a contratación dos servizos de limpeza, cociña e asistencia básica de varios centros. No caso de non rexistrarse incidencias, comezarán a estar en funcionamento entre os meses de abril e maio, ofrecendo 200 prazas de residencias e centros de día, segundo calculou.

Así mesmo, desde a Deputación pediuse a Suplusa que entregue a documentación e propiedade das residencias de Pedrafita, Ribas de Sil, Navia de Suarna e Meira.

“UN INTENTO DESESPERADO” DE DESVIAR A ATENCIÓN, DI O PP

Ante isto, o grupo do Partido Popular na Deputación acusou o goberno de Campos de trasladar “enganos” á opinión pública “nun intento desesperado” de desviar a responsabilidade sobre unha serie de residencias inauguradas “hai máis de catro anos” e que aínda seguen pechadas.

Nun comunicado posterior ás declaracións de Campos, os ‘populares’ non se pronuncian a respecto do recurso ao que se referiu o presidente, pero acusan os socialistas de “repetir a estratexia” das pasadas eleccións, cando inauguraron ditos centros e realizaron un proceso selectivo que “despois gardaron nun caixón”.

“Un paripé para xustificar o seu proxecto fracasado”, criticaron, lamentando que “unha vez máis” se atopan ante “unha promesa incumprida” que lle “pasará factura” ao grupo de goberno, aseguran.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...