InicioLugo e contornaA Deputación aproba unha ampliación de 1,6 millóns no seu orzamento cos...

A Deputación aproba unha ampliación de 1,6 millóns no seu orzamento cos votos de PSOE e PP

A contía destinarase a transferencias aos concellos e ao 'Plan de terras'. O BNG e Manuel Martínez votaron en contra. Este último deixou declaracións cargadas de ironía sobre os acordos entre socialistas e populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou grazas aos votos do PSOE e abstención do PP unha modificación do orzamento do ente provincial para este ano por máis de 1,6 millóns de euros a través dun suplemento de crédito que se destinará a transferencias cos concellos e un plan de ‘Terras Abandonadas’ dotado con 100.000 euros.

Tanto o BNG como o deputado non adscrito e exvicepresidente provincial, Manuel Martínez, votaron en contra despois de non aceptarse as súas emendas. Sobre as votacións, Martínez cargouse de ironía e dixo que se debería “abrir expediente ao grupo provincial socialista por chegar a acordos co PP”, en alusión á situación vivida por el mesmo, que foi expulsado do PSOE tras votar en diferentes ocasións co grupo popular.

O presidente provincial, Darío Campos, indicou antes de entrar no pleno que o modificativo corresponde a “remanentes” por unha contía de 1,6 millóns de euros. Ademais, salientou os 100.000 euros destinados para o plan de terras, que está “a ser un éxito” e contribuíu a recuperar “case 2.000 hectáreas de terra” coa participación de “máis de 350 gandeiros”. “Queda un millón e medio de euros para actuacións en distintos concellos“, resaltou Campos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...