InicioLugo e contornaLugoA tenente de alcalde do Concello de Lugo, Ana Prieto, encabezará a...

A tenente de alcalde do Concello de Lugo, Ana Prieto, encabezará a lista do PSOE para o Congreso

Aínda que os socialistas da provincia apostaban por Sonsoles López, esta ocupará finalmente o posto número dous ao impoñerse a candidata proposta pola executiva do PSdG

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Prieto, membro da dirección galega do PSOE e tenente de alcalde do Concello, sitúase como cabeza de lista ao Congreso por Lugo. Así se confirma tras a aprobación este domingo das candidaturas ás eleccións xerais do 28 de abril, designación na cal a última palabra lle compete á Comisión Federal de Listas xunto ao Comité Federal.

Á súa vez, tamén se coñeceu que Marina Ortega será quen lidere a lista pola provincia de Ourense. Tanto nun caso coma no outro, non houbo acordo nos Comités provinciais para realizar unha proposta concreta e o pasado sábado remitíronse só as listas cos nomes que obtiveron maior respaldo nas agrupacións locais.

Aínda que no caso de Lugo as preferencias da provincial viraban ao redor de Sonsoles López, a dirección galega apoiaba a Ana Prieto, membro da executiva do PSdeG e tenente de alcalde do concello de Lugo. Neste caso, Prieto irá de cabeza de lista, seguida de Sonsoles López, nunha excepción á norma da lista cremalleira (que propón alternar homes e mulleres nas candidaturas). Decidiuse así para recoller as propostas que máis apoios recibiran.

Do mesmo xeito, en Ourense, será finalmente Marina Ortega (O Carballiño), tamén membro da dirección galega, a que lidere a candidatura socialista ás eleccións xerais, mentres que Juan Carlos Francisco Rivera (Verín) sairá como cabeza de lista por Lugo para o Senado.

A CORUÑA E PONTEVEDRA, CON PILAR CANCELA E OLGA ALONSO

En canto ás provincias da Coruña e Pontevedra non hai cambios conforme á proposta que xa transmitiron a pasada semana os Comités provinciais, de forma que se ratifica a Pilar Cancela e a Olga Alonso nos primeiros postos.

Pola provincia coruñesa figura de número dous Pablo Arangüena; e, de tres, a concelleira das Pontes Montse García. En canto ao Senado, o primeiro lugar ocuparao Antonio Vázquez (Betanzos) e o segundo, o avogado ferrolán Julio Barros.

Por Pontevedra, seguirán a Olga Alonso -concelleira en Vigo no goberno de Abel Caballero- Guillermo Miejón e Ángeles Marra. O dirixente socialista de Arousa Modesto Pose, pola súa banda, encabezará a lista ao Senado, na que estará acompañado por Margarita Adrio e Daniel Chenlo.

ÚLTIMAS

O Arde Lucus ofrecerá este ano máis de 320 actividades do 12 ao 15 de xuño

Lugo prepárase para o Arde Lucus, a que é por terceiro ano consecutivo festa...

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

Pillan en Lugo a un ciclista que cuadriplicaba a taxa de alcol

Axentes da Policía Local interceptaron nunha avenida da cidade de Lugo a un ciclista...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...