InicioPolíticaA Deputación impulsa vinte e unha accións formativas do Plan Agrupado de...

A Deputación impulsa vinte e unha accións formativas do Plan Agrupado de Formación Continua

A presidenta da Deputación Carmela López destaca que “investir na capacitación do persoal é investir nuns servizos públicos de maior calidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo está a impulsar unha Administración Local máis moderna e preparada a través dunha nova edición do Plan Agrupado de Formación Continua. Este programa que a institución provincial desenvolve desde 1995 está consolidada como unha ferramenta estratéxica para mellorar a capacitación do persoal das entidades locais e contribuír á mellora dos servizos públicos que recibe a veciñanza.

A Presidenta da Deputación, Carmela López, valorou esta iniciativa “que nos permite apoiar aos concellos, especialmente aos de menor tamaño, poñendo á súa disposición recursos e oportunidades de formación que dificilmente poderían asumir con medios propios”. “Investir na capacitación do persoal é investir nuns servizos públicos de maior calidade. Unha Administración moderna non depende só da tecnoloxía; depende, sobre todo, das persoas que a fan posible cada día”, engadiu.

O Plan Agrupado de Formación Continua 2026 está dirixido aos 5.114 empregados e empregadas públicos das administracións locais da provincia e oferta este ano un total de 664 horas lectivas e 975 prazas en 21 accións formativas que se desenvolven entre xuño e novembro.

Este programa, con máis de tres décadas de traxectoria, reflicte, en palabras da Presidenta, “a aposta sostida da Deputación por acompañar aos concellos na mellora da súa capacidade de xestión, ofrecendo formación especializada que resulta especialmente valiosa para os municipios pequenos, que dificilmente poderían dispoñer dunha oferta destas características con recursos propios”.

A edición de 2026 reforza a aposta da Deputación de Lugo pola modernización da Administración Local incorporando materias de plena actualidade como a intelixencia artificial aplicada á xestión local, a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas, a protección de datos, a contratación pública, a xestión orzamentaria, a atención á cidadanía ou a protección do medio ambiente, sen deixar de lado ámbitos esenciais para o funcionamento diario das entidades locais.

O Plan está deseñado para dar resposta ás necesidades de todas as escalas da Administración Local, tanto da Administración Xeral como da Especial, dando cobertura ao persoal técnico, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno, así como a colectivos específicos, entre eles as policías locais.

Outro dos piares desta iniciativa é facilitar o acceso á formación con independencia do concello no que desenvolva o seu traballo cada empregado ou empregada pública. Por iso, a maior parte das accións impártense en modalidade en liña, complementadas con telepresenza e videoconferencia, reducindo desprazamentos e favorecendo a conciliación. “O obxectivo é que o coñecemento chegue a todo o territorio e que a distancia non supoña unha barreira para seguir formándose”, explica a Presidenta.

Con esta nova edición, a Deputación de Lugo reafirma unha política pública que leva máis de tres décadas contribuíndo á profesionalización do persoal das entidades locais e ao fortalecemento da Administración Local. Un investimento nas persoas que permite aos concellos ofrecer uns servizos públicos cada vez máis eficaces, innovadores e próximos á cidadanía..

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...