InicioPolíticaO PP provincial reclama acceder á RPT da Deputación e do Consorcio...

O PP provincial reclama acceder á RPT da Deputación e do Consorcio provincial contraincendios

O voceiro popular, Antonio Ameijide, denunciou hoxe o “silencio sistemático” do goberno provincial, tanto cando o lideraba José Tomé como agora Carmela López

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamaron hoxe de novo acceso e copia do expediente da Relación de Postos de Traballo nominativa e actualizada, tanto da propia institución provincial como do ente dependente Consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, denunciou hoxe o “silencio sistemático” do goberno provincial, tanto cando o lideraba José Tomé como agora Carmela López. “Xa pedimos esta documentación, polo menos, en tres ocasións dende o inicio do mandato (setembro de 2023, marzo de 2024 e decembro de 2024) e agardamos que agora dean acceso a esta información que deberíamos de ter todos os deputados provinciais”, sinalou.

Ante as constantes trabas postas polo goberno de PSOE e BNG, Ameijide pregunta “que oculta o goberno provincial para non entregar a documentación” despois de tantos meses esperando, no que é “unha actitude carente de transparencia e que amosa ás claras que Carmela López segue a mesma folla de ruta de Tomé”.

“A presidenta do goberno provincial presume constantemente de que con ela hai un rumbo novo na Deputación e asegurou en numerosas ocasións que facilitaría todos os expedientes que se solicitaran, agardamos que cumpra a súa palabra”, afirmou.

O voceiro popular explica que “ata agora” a realidade diaria da Deputación demostra que ese cambio de rumbo “non existe” e que se mantén a “mesma falta de transparencia” que caracterizou a etapa anterior. “Todo apunta a que a persoa que segue a tomar as decisións na sombra na Deputación de Lugo é José Tomé”, sinalou.

Dende o Grupo Provincial Popular agardan que o goberno provincial rectifique para demostrar se ese rumbo novo é real e que nada teñen que agochar. “Se de verdade cren na transparencia e no cambio, hoxe mesmo deberían facilitar a RPT e cumprir coa legalidade vixente”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...