InicioPolíticaO BNG acusa a Rueda de darlle un "premio" ao exconselleiro Villares...

O BNG acusa a Rueda de darlle un “premio” ao exconselleiro Villares designándoo delegado da Xunta en Lugo

A portavoz de feminismo e igualdade do BNG no Parlamento de Galicia, Noa Presas, criticou que, en lugar de pedir desculpas ás vítimas, a Xunta optase por outorgar este cargo a Villares

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz de feminismo e igualdade do BNG no Parlamento de Galicia, Noa Presas, denunciou este luns que o presidente galego, Alfonso Rueda, decidise “premiar” ao exconselleiro Alfonso Villares tras elixilo como novo delegado da Xunta en Lugo, a pesar das “acusacións tan graves que ten ás súas costas”.

En concreto, Villares foi elixido para ser o novo delegado territorial da Xunta en Lugo, despois de que a súa causa por suposta agresión sexual quedase arquivada, diso informou Roda no Consello da Xunta deste luns.

O presidente da Xunta lembrou que Villares “dimitiu por unha acusación que a xustiza acabou arquivando” –en relación á denuncia presentada por unha coñecida presentadora–, polo que “agora retoma a súa carreira política” como delegado en Lugo.

Neste contexto, Presas criticou que, en lugar de pedir desculpas ás vítimas, a Xunta optase por outorgar este cargo a Villares. A deputada nacionalista fixo fincapé en que o sobresemento da causa é “provisional” e lembrou que no proceso xudicial “non se negan os feitos, nin se declara que esta persoa sexa inocente”.

Para o Bloque, este movemento supón “o colmo do posicionamento contrario ás vítimas de violencia machista” e, ante o que considera un nomeamento “absolutamente lamentable desde todos os puntos de vista”, a organización nacionalista concluíu que non pode facer máis que reprobar formalmente a designación de Villares para o cargo en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...