InicioPolíticaO PP acusa á Deputación de financiar con fondos públicos á Federación...

O PP acusa á Deputación de financiar con fondos públicos á Federación de Veciños e os ‘hooligans’ da directiva

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lamentou a actitude hostil amosada no pleno do Concello de Lugo o pasado xoves polos membros destas organizacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo amosaron hoxe a súa profunda preocupación pola deriva “agresiva e intolerante” dos representantes da Federación de Veciños de Lugo, tras analizar a documentación relativa ás axudas públicas recibidas por esta entidade e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa desde 2017 a 2026.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lamentou a actitude hostil amosada no pleno do Concello de Lugo o pasado xoves polos membros destas organizacións, unha situación que ten unha explicación clara baseada en subvencións: dende o ano 2017, a Deputación de Lugo destinou 798.510,63€ euros de cartos públicos a esta federación e a esta asociación, a maior parte a través de axudas directas.

Isto é só á documentación á que tivemos acceso público, falta saber outros posibles fíos de financiación pública a través doutras asociacións da mesma rede, así como saber o financiamento que deron a través do Concello de Lugo para que estean tan nerviosos”, sinalou, e tamén preguntou “que outro tipo de favores persoais poden ter recibido ou estar pendentes de recibir para que chegasen a eses extremos tan agresivos”.

Pero iso si, “agora entendemos perfectamente a ira e a agresividade coa que se presentaron no pleno. Non defenden os intereses dos lucenses, defenden a quen os financia para non perder a galiña dos ovos de ouro”.

Antonio Ameijide ironizou coa pancarta que os manifestantes portaron durante a sesión plenaria co lema ‘Judas, venderse por 30 moedas’. Para o voceiro popular, esa imaxe foi “o máis representativo do que está a pasar”, coa única salvedade de que nesta ocasión a contía é moito maior: “Eles vendéronse por unhas cantas moedas máis; en concreto, por 800.000, en menos dunha década, a dúbida agora é canto máis recibiron economicamente ou doutro modo dende a Deputación de Lugo e o Concello”.

O popular tamén fixo un recordatorio á rolda de prensa que deron hai uns días Lara Méndez, Pilar García Porto e Ana González Abelleira, na que criticaban subvencións a diferentes asociacións. “É unha mágoa que se lles traspapelase xusto toda a información referida á Federación de Veciños de Lugo e á Asociación de Veciños da Milagrosa”, denunciou, ao que engadiu que “as cifras da Deputación asustan”.

Ameijide recordoulle a Lara Méndez que parece “ter esquecido” a documentación relativa á financiación que ditas federación e asociación recibiron do Concello de Lugo durante a súa etapa como alcaldesa.

PSOE E BNG NON TEÑEN BAGAXE QUE PRESENTAR

Antonio Ameijide cualifica de “lamentable” que PSOE e BNG sigan polarizando a sociedade ante a súa “incapacidade de xestionar”, algo do que afirmou que “tras 27 anos de goberno e 2.700 millóns de euros despois, o goberno municipal non ten exemplos de xestión que dar”. “Os únicos que saen na súa defensa son os mercenarios dunha federación á que lle teñen pagado absolutamente todo”.

Neste senso, Ameijide incidiu en que hai persoas, como a que repartiu os chiflos, un dos principais axitadores da protesta do pasado xoves, ou o propio presidente de ambas organizacións. “Está a soldo da propia Federación Veciñal con cargo a eses 800.000 euros, do mesmo xeito que eses fondos públicos serven para pagar viaxes e prebendas aos directivos, así como manter unha rede clientelar”.

Antonio Ameijide remata o seu repaso á documentación analizada con que a actual directiva da Federación de Veciños de Lugo perdeu calquera ápice de obxectividade: “Non defenden aos lucenses, son mercenarios da política vendidos aos únicos que quixeron pagarlles para que os defendan; os mesmos partidos que non saben facer política sen comprar vontades con cartos públicos”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...