A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores, 25 de marzo, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para trasladarlle as “necesidades e demandas” de Lugo.
Tal e como avanzou o Goberno provincial, este é o primeiro encontro institucional que manteñen tras a toma de posesión de López, o pasado mes de xaneiro, e ten como obxectivo trasladarlle ao mandatario autonómico as necesidades da provincia e establecer un “diálogo directo” co Goberno galego.
Así mesmo, a presidenta provincial pretende “reforzar a colaboración” institucional entre ambas as administracións para avanzar en proxectos que afectan o desenvolvemento económico, social e territorial da provincia.
Desta forma, garantirase ” a mellora de infraestruturas, o fortalecemento dos servizos públicos e o impulso de iniciativas que contribúan a fixar poboación”.
