InicioPolíticaOs clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

Os clubs teñen do 13 ao 27 de marzo para solicitar as subvencións, dirixidas a financiar gastos relacionados coa actividade competitiva

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de axudas de concorrencia para clubs e entidades deportivas da Vicepresidencia da Deptuación de Lugo, cun importe total de 660.000 euros -60.000 euros máis que na última anualidade -.

Os clubs teñen do 13 ao 27 de marzo para solicitar as subvencións, dirixidas a financiar gastos relacionados coa actividade competitiva como a compra de material deportivo e equipacións, custos de transporte, fichas, arbitraxe, persoal ou alugueiro de instalacións, entre outros.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou “o reforzo da convocatoria, cun incremento do 10 por cento nos fondos dispoñibles” e lembrou que se trata “da liña de axudas con maior dotación das que se convocan desde a institución provincial, mostra do compromiso desta administración co tecido deportivo da provincia”.

As axudas oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función dos criterios sinalados nas bases, referidos ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), á incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), ao ámbito territorial, aos anos de creación da entidade ou ao persoal contratado.

As bases e modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado Deportes ao que se accede desde o menú da páxina principal.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

A Consellería de Cultura anuncia o fin das reparacións na Muralla de Lugo, un mes despois do colapso dun paramento

A reparación do paramento interior da Muralla de Lugo que colapsou hai un mes...