InicioPolíticaO PSOE acusa ao PP de "degradar" as infraestruturas de Lugo: da...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

Patricia Otero e César Mogo denuncian recortes e renuncias da Xunta mentres reivindican o impulso do Goberno central en proxectos como a A-54 e a Intermodal e poñen enriba da mesa 600 millóns anuais máis para Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron este venres a degradación das infraestruturas públicas na provincia baixo a xestión do PP á fronte da Xunta. Nunha rolda de prensa da que informou o PSOE provincial nun comunicado, ambos incidiron na renuncia continuada a proxectos estratéxicos e na rebaixa da súa envergadura, con especial impacto nas comarcas como A Mariña, O Courel e o sur da provincia.

Durante a súa intervención, César Mogo fixo balance do arranque do curso político e puxo en valor a actividade do Goberno de España nas primeiras semanas do ano. Segundo explicou, en apenas dúas semanas, o Executivo estatal impulsou iniciativas de gran calado, como un acordo inédito coa Igrexa e medidas clave en materia de vivenda e alugueres.

O senador insistiu en que existe un Goberno plenamente operativo e activo. “Hai un goberno que está a gobernar cunha intensidade política moi notable”, advertiu para lembrar que “ás veces, o ruído tende a quitar claridade sobre a acción política”. Neste sentido, destacou que esta semana houbo pleno tanto no Congreso como no Senado, polo que a “acción parlamentaria está lanzada”.

Fronte a esta realidade, Mogo criticou a estratexia do PP, que cualificou de “luz de gas”, ao tentar trasladar á cidadanía unha suposta “parálise” do Goberno central que “non se corresponde coa realidade”. Así, dixo que foi precisamente a acción do Executivo a que permitiu relanzar a obra público en Lugo tras aos de parálises durante gobernos do PP. Pola súa banda, Patricia Otero contrapuxo esta realidade coa imaxe “escura e negra” que tenta trasladar o PP. “Para escuridade, os anos de goberno do PP, que nesta provincia non fixeron unha soa obra pública de mínimo calado nos case sete anos de goberno de Rajoy”, trasladou.

En relación co financiamento autonómico, Otero lembrou que o Goberno central puxo enriba da mesa unha proposta que suporía ao redor de 600 millóns adicionais anuais para Galicia, así como unha condonación de débeda de 4.010 millóns. Así, advertiu que o PP terá que explicar por que rexeita estas medidas cando o debate chegue ao Congreso. No ámbito das infraestruturas, Otero sinalou que existen “dous modos moi distintos de actuar”. “Mentres o Goberno central avanza a bo ritmo en proxectos como a A-54 ou a Estación Intermodal de Lugo, o PP permanece en silencio ante os incumprimentos da Xunta nas infraestruturas da súa competencia”, sostén.

No referido á VAC Costa Norte, a deputada criticou que a Xunta presentase a finais do 2025, “aos catro ventos”, un anuncio que supuxo na práctica a renuncia definitiva ao proxecto orixinal dunha vía de alta capacidade. Segundo afirmou, tras máis de 25 anos de “promesas incumpridas”, o Goberno galego substitúe a VAC por unha estrada convencional de algo máis de seis quilómetros, cun investimento moi inferior ao inicialmente previsto. “O PP da Xunta renuncia á VAC Costa Norte e empeza de cero unha variante que é realmente unha estrada convencional”, denunciou.

A deputada advertiu de que esta decisión exemplifica o abandono da Xunta cara á Mariña lucense e ás comarcas do norte. “A VAC Costa Norte é a imaxe do abandono da Xunta coa Mariña de Lugo e coa comarca de Ortergal”, afirmou para asegurar que chegaron os “Reis Meigos á comarca da Mariña un pouco anticipados para dar unha mala noticia”. A socialista lembrou tamén que esta dinámica non é un feito illado, senón que se repite noutros proxectos estratéxicos da provincia, como o desdobre total do corredor Nadela-Monforte, reducido finalmente ao tramo Nadela-Sarria.

Ambos os parlamentarios coincidiron en sinalar que estes exemplos evidencian a hipocrisía do PP, que esixe prazos imposible ao Goberno central mentres cala ante os atrasos, recortes e rebaixas de categoría nas infraestruturas que dependen da Xunta. Por todo iso, reclaman á Xunta que abandone a propaganda, recupere os compromisos adquiridos e aposte por infraestruturas á altura das necesidades da provincia.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...