InicioPolíticaO PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

Deputados e senadores do PP lucense presentan ante APEC o seu Plan Integral de Vivenda, cargan contra a “inseguridade xurídica e a burocracia do PSOE” e anuncian 4.000 vivendas públicas en marcha en Galicia en 2026, mentres reclaman no Congreso as leis Feijóo contra a okupación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular”, manifestaron este venres deputados e senadores lucenses aos directivos da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) aos que presentaron as medidas que recolle o Plan Integral de Vivenda dos populares que pretenden “volver facer da vivenda algo accesible, despois de que Sánchez fíxoa imposible en España”.

O deputado nacional do PP lucense Jaime De Olano e os senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano mantiveron este venres unha reunión co presidente de APEC Lugo, José Manuel Rodríguez Espiñeira, e membros da asociación na que aproveitaron para analizar a situación do sector da construción na provincia.

“A inseguridade xurídica, a tardanza na resolución de trámites administrativos ou a falta de man de obra” son algunhas das problemáticas que se puxeron sobre a mesa. De Olano destacou que “a vivenda pasou de ser o 16º problema dos españois a converterse no primeiro e independizarse é unha misión imposible para os mozos”. Nese sentido, comprometeu que “o PP fará que volva ser accesible”.

O deputado lucense asegura que “a política de vivenda do PSOE nestes sete anos de Goberno de Sánchez apoiado por socios como o BNG limitouse a facer anuncios de construción de centos de miles de vivendas que quedaron en cero, un vídeo animando a compartir piso, un teléfono de contacto para desafogar a frustración por non ter vivenda e protexer ao okupa ilegal”.

En fronte, contrapuxo que o PP propón solucións para “corrixir o que Sánchez fixo mal”. Como exemplo, lembrou que algunhas das medidas propostas son: menos trabas para a construción, mobilización do chan dispoñible, colaboración público-privada, redución de 10 a 4 anos o tempo de construción co Plan Residencial Estratéxico, permitir o uso de remanentes nos Concellos para política de vivenda, ou beneficios fiscais para favorecer o acceso aos mozos.

“COMPROMISO” DA XUNTA

Os populares puxeron en valor o compromiso do Goberno galego coa vivenda pública “investindo 350 millóns neste ano 2026”. En ano e medio, apuntaron que “xa están en marcha case 3.000 vivendas públicas en diferentes fases de execución e no ano 2026 serán 4.000 en marcha en toda Galicia para cumprir co obxectivo anunciado polo presidente Roda de duplicar, neste mandato, o parque público de vivenda en Galicia pasando de 4.000 a 8.000”.

En Lugo, precisaron que “están en marcha 597 vivendas, construiranse outras 137 nas parcelas permutadas co Concello, está en fase de redacción o proxecto para a construción dun inmoble de aloxamentos temporais e compartidos para menores de 36 anos e porase a disposición adoito residencial para outras 1.200 vivendas”.

“LEIS FEIJÓO RETIDAS NO CONGRESO”

O senador José Manuel Barreiro indicou, pola súa banda, que “entre as ‘leis Feijóo’ aprobadas no Senado e que o PSOE ten retidas no Congreso atópanse dúas relacionadas coa vivenda”, enre elas “a lei antiokupación, que será das primeiras que presentará Fejijóo desde o Goberno –se chega á Moncloa–, e a lei de medidas para o desenvolvemento urbano e a vivenda”.

Barreiro incidiu en que “a okupación e a inquiokupación xeran gran alarma social pola súa incidencia na convivencia veciñal”. Así mesmo, advertiu que “hai que diferenciar entre familias en situación vulnerable e ‘okupas’, pertencentes a grupos organizados”. “No primeiro caso hai que axudarlles e no segundo, hai que desaloxar e defender a propiedade privada”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...