InicioPolíticaO Concello de Lugo expropiará a Afundación os terreos para construír o...

O Concello de Lugo expropiará a Afundación os terreos para construír o futuro centro de saúde do Sagrado Corazón

O alcalde anuncia que se tomará esta medida debido á dilación das negociacións por parte da entidade bancaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo expropiará os terreos a Afundación para facer o novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón. Así o anunciou este luns o alcalde, o socialista Miguel Fernández, que explicou que se chega a esta situación debido a que finalmente non se conseguiu chegar a un acordo coa entidade bancaria, propietaria dos terreos. O proceso de expropiación porase en marcha inmediatamente, como comunicou o alcalde, coa súa aprobación inminente en Xunta de Goberno Local. O obxectivo, como indicou o alcalde, é “pór os terreos a disposición da Xunta no menor tempo posible para que faga esta infraestrutura”.

Adianta o alcalde que durante este tempo negociouse con Afundación a permuta de terreos, “chegando a realizar moitos avances e a estar practicamente pechado o acordo”, pero finalmente, a propietaria deu marcha atrás debido a unha diferenza nas taxacións. “Non estamos dispostos a seguir alongando as conversacións porque urxe que se pode facer esta infraestrutura canto antes”, di o alcalde, quen lembra tamén que o Concello dispón dunha partida orzamentaria de 900.000 euros para o proxecto de expropiación, “reservado en previsión de que houbese algún problema”.

Nunha primeira estimación, Fernández avanzou que os terreos poderían estar en poder do Concello antes de que acabe o ano, momento no que a “Xunta poderá telos á súa disposición aínda que queden algúns flocos de axustes de prezo se Abanca presenta algunha reclamación unha vez finalizado o proceso”, dixo. Segundo a taxación municipal, os terreos, duns 5.640 metros cadrados, están taxados en 726.000 euros, “o que tampouco quere dicir que este sexa o prezo final”, engade.

“Desde o Concello fixemos todo o posible para chegar a un acordo con Abanca, mesmo fomos moi xenerosos aumentando a nosa oferta, pero non foi posible e como non queremos seguir dilatando por máis tempo un servizo que é fundamental”, relata o alcalde. Miguel Fernández tamén indica que o Concello porá “todo” da súa parte para a urbanización da zona e a construción de accesos, “se iso significa avanzar nos prazos da construción”.

CONTESTACIÓN DO PARTIDO POPULAR

O grupo municipal do Partido Popular acuso o Goberno local de mentir tras asegurar que “tiña practicamente pechado un acordo coa entidade bancaria propietaria do antigo colexio Sagrado Corazón para permutar parcelas”. “Con todo, a realidade demostra que aquilo nunca foi certo”. Considera o PP que con esta “improvisación e as falsidades” dilatouse un proceso que “podería iniciarse moito antes”. Explican os populares que en 2022, o goberno municipal proclamaba que mantiña negociacións con Abanca para lograr a cesión da parcela, cando presentaba esta fórmula como a vía máis rápida. “Pouco despois, deu un xiro inesperado e chegou a expor unha localización alternativa. Ao cabo dun tempo volveu rectificar, regresando á proposta inicial do antigo colexio”.

Reclama o PP que en outubro de 2023, en resposta a unha pregunta formulada polo Grupo Popular no Pleno, o executivo local afirmou que o acordo coa entidade bancaria estaba practicamente pechado e que “só quedaba un pequeno trámite para culminar o proceso”. Pregúntanse os populares “que fixo o goberno local durante todo este tempo? Por que se dedicou a enganar aos veciños con promesas baleiras e prazos que nunca pensaba cumprir? Durante este período, Lugo perdeu as partidas orzamentarias que a Xunta reservara para a construción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón nos exercicios de 2022, 2023 e 2024, por mor da inacción de socialistas e nacionalistas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...