InicioLugo e contornaLugoO alcalde de Lugo di ter o "compromiso" de Renfe para melloras...

O alcalde de Lugo di ter o “compromiso” de Renfe para melloras nos servizos ferroviarios

Segundo explica o mandatario, Renfe comprometeuse a elaborar xunto ao Concello un estudo de viabilidade para axustar os servizos ás necesidades reais dos lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo un balance positivo da reunión mantida este mércores en Madrid co presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, e na que asegurou conseguir “o compromiso para implantar melloras reais nos servizos ferroviarios que conectan a cidade, con especial atención aos horarios e frecuencias con Madrid”.

O encontro foi cualificado polo rexedor como “moi produtivo” e que “abre a porta a unha nova etapa de diálogo técnico e político” que buscará corrixir un dos grandes déficits de Lugo: a imposibilidade actual de chegar á capital do Estado en “horario útil” e volver no mesmo día. “A demanda é clara: un tren que permita estar en Madrid antes das 10:30 horas para facer xestións, sen renunciar ao regreso no mesmo día”, explicou Fernández.

Segundo explica o mandatario, Renfe comprometeuse a elaborar xunto ao Concello un estudo de viabilidade para axustar os servizos ás necesidades reais dos lucenses. Este documento será remitido ao Ministerio de Transportes como paso previo para a súa eventual execución.

“Non podemos permitirnos ter unha estación intermodal moderna, lista en menos dun ano, se os servizos ferroviarios non están á altura. Non se trata dun luxo, senón dunha necesidade básica para a cidadanía”, defendeu Fernández.

Pero o obxectivo non se limita a un só traxecto. O alcalde propuxo, ademais, avanzar cara a un modelo ferroviario máis integral, con máis conexións a Ourense en horarios clave para enlazar coa alta velocidade, unha futura liña directa con Santiago e a recuperación dos trens de longo percorrido con Barcelona e a cornixa cantábrica, perdidos tras a supresión de servizos como o tren hotel.

Fernández foi claro: “Lugo non pide máis que ninguén, pero tampouco pode quedar atrás. Necesitamos máis trens, mellores horarios e formar parte do Corredor Atlántico de mercadorías. É unha aposta polo futuro económico e social de toda a provincia”.

Pola súa banda, González Abelleira, aproveitou a reunión da xunta de goberno local para insistir na necesidade de “recuperar servizos” e seguir demandando “ata que se consigan”, explicando que “sexan da cor que sexan as institucións, seguiremos reclamando un servizo ferroviario á altura”, dixo.

CRÍTICAS DO PP

Respecto diso, nun comunicado remitido aos medios, o PP de Lugo acusou ao alcalde de “vender fume” tras dez anos de responsabilidade no goberno local e criticou que se conforme con estudos mentres “Lugo sen un tren digno”.

“Os veciños están fartos, hai unha gran frustración social ante un alcalde que leva encadeado anuncios de protocolos e estudos que nunca se traducen en investimentos nin melloras reais”, sostivo.

Deste xeito, o PP se pregutna se da “satisfacción” que Miguel Fernández mostrou este mércores tras a súa reunión co presidente de Renfe sairá “unha nova perda de serivicios”, “igual que pasou o 26 de maio, cando tras reunirse co secretario de Estado, o único que conseguiu foi que quitasen a frecuencia a Madrid”.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...