InicioPolíticaTomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O venres farase a proclamación oficial de candidatos e arrincará a campaña interna para as primarias do 27 de abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron o número máximo de avais esixidos para dirixir o PSOE provincial, cifrado en 373 cifras –un 20 % do censo na provincia–. Ambos os socialistas presentaron a última hora da mañá deste luns os apoios necesarios para formalizar a súa candidatura á dirección provincial.

O primeiro en facelo foi o alcalde de Monforte e tamén presidente da Deputación, José Tomé, que levou un total de 760, unha cantidade moi superior ao mínimo requirido na normativa, concretamente “máis do dobre”, como aclarou o propio aspirante. Tomé asegurou afrontar o proceso con “moitas ganas e ilusión”. Así, aproveitou para agradecer o apoio prestado polos militantes e comprometeuse a visitar as distintas agrupacións para “agradecer o masivo apoio prestado”.

Ademais, sinalou, que polo momento, aínda non iniciou estas visitas, polo que destacou que o apoio foi “espontáneo” e que lle chegou ‘en liña’ como en formato papel. “Espero que o día 27 se confirme este apoio co voto nas urnas”, destacou Tomé, que tamén confía nun apoio xeneroso “o mesmo que demostran os avais”.

IVÁN CASTRO

Só dez minutos máis tarde tamén formalizou a súa candidatura o concelleiro de Paradela Iván Castro, acompañado dos alcaldes de Castroverde, Xosé María Arias, e Guitiriz, Marisol Morandeira. Este candidato presentou o número máximo de avais que permite a normativa, 373, o 20 %. “Transmitimos a través dos avais toda a ilusión da militancia”, explicou Castro, que desexou “que sexa unha competición bonita”.

Tamén dixo que será “moi bo para o partido este proceso” e avanzou que percorrerá tamén as distintas agrupacións explicando o seu proxecto, “para xuntos saír máis unidos que nunca”. Castro presentou esta alternativa pola “necesidade de renovación e como un revulsivo para seguir crecendo”.

O vindeiro venres, 11 de abril, unha vez feito o reconto dos avais, procederase ao nomeamento oficial dos dous candidatos e dará comezo a campaña, que se prolongará ata o 25 de abril. Será o 27, domingo, cando se faga a proclamación do gañador do proceso interno, antes do congreso do partido, previsto para o 10 de maio.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...