InicioPolíticaBesteiro evita sinalar candidato para suceder a Alvarellos: "Decidirase en Lugo entre...

Besteiro evita sinalar candidato para suceder a Alvarellos: “Decidirase en Lugo entre o partido e o grupo municipal”

O partido deberá escoller a un dos membros do grupo municipal, no que está o que fora número dous da lista que en 2023 liderou Lara Méndez, Miguel Fernández, quen xa soou para substituír á agora deputada autonómica. Outra posibilidade pasa pola secretaria xeral do PSOE local, Ana González Abelleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou sinalar un candidato para a Alcaldía de Lugo tras o falecemento o pasado sábado de Paula Alvarellos, xa que será algo que se decidirá na propia cidade, “entre o partido e o grupo municipal”. Así respondeu ao ser preguntado este mércores en Santiago, na rolda de prensa para presentar o XV Congreso Nacional do PSdeG, que se celebrará a fin de semana, sobre se a dirección autonómica ten algún nome preferido para asumir o bastón de mando en Lugo.

O partido deberá escoller a un dos membros do grupo municipal, no que está o que fora número dous da lista que en 2023 liderou Lara Méndez, Miguel Fernández, quen xa soou para substituír á agora deputada autonómica. Outra posibilidade pasa pola secretaria xeral do PSOE local, Ana González Abelleira. Neste contexto, Besteiro insistiu en que será “unha decisión acaída para todos”, sexa cal for a que adopten entre o partido en Lugo e o grupo municipal. “Esa é a que todos imos entender e respectar”, resolveu.

O secretario xeral do PSdeG lembrou que este mércores é o primeiro día sen loito oficial en Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos o pasado sábado, a raíz do infarto que sufriu a noite do venres. Besteiro arrincou a rolda de prensa cun recordo a unha alcaldesa que coñeceu nos ámbitos “profesional, político e profesional” e que deixa “unha profunda pegada” no partido. Tal e como destacou, Alvarellos tiña un “compromiso” tanto coa súa cidade como con Galicia e deixa un “baleiro moi difícil, por non dicir imposible, de encher”. Así, avanzou que a figura de Alvarellos estará “moi presente” no XV Congreso Nacional.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...