InicioPolíticaPaula Alvarellos: “Non se trata de facer grandes obras, senón acabar as...

Paula Alvarellos: “Non se trata de facer grandes obras, senón acabar as que temos” (I)

A alcaldesa de Lugo fixo xa un máster sobre como xestionar un concello neste ano e pouco que leva no cargo. Nesta entrevista con GC repasa a situación da política local e enfatiza na importancia do desenvolvemento urbanístico. Observa un cambio positivo nas relacións coa Xunta desde a chegada de Rueda pero critica duramente a oposición que fai o grupo municipal Popular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Paula, levas xa pouco máis dun ano no cargo. Como vai este primeiro ano?

Pois ben, a verdade é que entrar sempre así non é como te imaxinas, non é fácil, entrar así por sorpresa. Lara dimitiu o día 8 de xaneiro e eu tomei posesión días despois. Eu era unha concelleira que levaba réxime interno e non tiña unha visibilidade moi grande porque os temas que xestionaba eu eran sobre todo internos. Ao principio é unha sorpresa grande e costa adaptarse á situación porque é un salto cualitativo moi importante e, sobre todo, o poñerte ao día en todos os temas da Alcaldía, xa que hai que ter un control de todas as áreas. Nos últimos meses antes de acceder á Alcaldía levei urbanismo, que xa era unha área moi complicada porque na anterior lexislatura todos lembramos o que que pasou no réximen interno.

Deuche tempo a facer un máster, non si? 

Si, si. Fixen un máster rápido, Sempre dicía para min: “este é un máster dos bos”. (A elección) Foi por sorpresa, evidentemente, tiven que poñerme ao día de moitísimos temas: da engranaxe da casa, dos servizos, dos funcionarios. Cando cheguei aquí non había secretario de pleno. Tiven que empezar a facer entrevistas para buscar un secretario, un interventor, porque o interventor que tiñamos marchou para Ferrol. Tivenq ue buscar un director xeral do urbanismo, que era algo que sempre tiñan en mente. Neses seis meses quería un director xeral. Necesitábamos unha figura que coordinase toda a área de Urbanismo porque no urbanismo hai tres factores moi diferenciados; urbanismo, arquitetura e licencias. 

E por fin atopaches esa figura. E que tal co Hipólito?

Moi ben. Se está cumplindo co todas as expectativas. Era unha persona da que tiña referencias, cuns coñecementos moi amplos e cunha visión de futuro moi ampla. Necesitaba unha persona que coordinase, que non fora solo ao día a día, senón mirar cara ao futuro. Ese desenvolvemento que sempre digo que é o obxectivo da miña alcaldía. Está moi centrado no tema urbanístico, porque creo que é moi importante ese desenvolvemento urbanístico da cidade e saber cara a donde queremos ir. 

E xa sabes cara onde queres ir?, cales son os obxectivos que te planteas de aquí ao final da lexislatura?

Pois, bueno, estamos traballando en moitísimas cousas. O primero, por suposto, era axilizar licencias, evidentemente. O problema que temos de vivenda en Lugo é moi importante en todos os ámbitos, pero fundamentalmente nos últimos 15 anos que non houbo construción de vivenda pública. É moi importante tamén que haxa un desenvolvemento moi importante da vivenda privada e, por suposto, zona industrial. Por outra banda, está o proxecto do barrio do Carme de fazer ese concurso de ideas que creo que é moi importante. Facía moito tempo que non se facía un concurso de ideas a nivel urbanístico. Por outra banda, penso que nestes últimos 15-20 anos a mentalidade da xente cambiou, urbanísticamente, e creo que é importante un pulmón da cidade, un pulmón histórico, un pulmón, medioambiental, o que nos une ao río. E, obviamente, ter en conta que temos unha cidade histórica que é patrimonio da humanidade.

Falas sobre todo de urbanismo. É curioso que, agora, todas as administracións están envorcadas no urbanismo. De feito, aquí en Lugo estamos vendo un desembarco da xunta en tema de vivenda protexida. Non te chama a atención?

 Chama moi a atención Pero mira, o primero que teño que decir é que estou moi contenta de que hai ese desembarco da Xunta. O primero é iso, porque eles teñen esa competencia e levabamos 15 anos sen facer un só piso público en Lugo. Polo tanto, o primero que teño que decir é que son moi optimista e quero ver as cousas con ese plano optimista pensando na cidade. O que está claro é que houbo un cambio de estratexia. 

E por que crees que é un cambio de estratexia?

Levamos 25 anos nestes concello nos que non goberna o PP. E, por fin, foron conscientes de que esa non era a estratexia, a de  castigar a cidade de Lugo. A ver se é para ben e se funciona. Tamén teño que dicir que aí hai como unha contradición entre a estratexia do PP na Xunta e a do grupo municipal popular que sigue poñendo paus nas rodas e muitas veces creo que incluso trata de condicionar a resposta da Xunta.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, antes de manter unha reunión na sede da Delegación da Xunta na capital lucense.. XUNTA

Con todo, Elena Candia está sempre presente cando veñen os integrantes da Xunta e di que iso é, en parte, pola presión que ela fai ante Rueda…

Iso é o que quere facer ver ela pero o que está claro é que temos moitos temas nos que traballamos a Xunta e concello con muita discreción, calados, e soamente saímos cando xa está todo feito. Esa é unha das razóns de porque o facemos así, en silencio, porque senón o grupo municipal do PP,  a súa voceira, vai a tratar de condicionar todo. Sempre trata de enredar, de crispar…

Pero, pon exemplos?

Pois o que pasou co Sagrado Corazón. Nos estamos traballando con iso. Creo que ela anuncioulle aos veciños do Sagrado Corazón que, por fin, a Xunta admitía o que o Concello pedía, que era que recibirán toda a parcela completam os 5.700 metros cadrados, para facer toda esa obra pública. Pero a nós, oficialmente, non nos comunicaron nada. A min como alcaldesa, aínda a Xunta non se puxo en contato comigo para dicirme nada, aínda que xa saíu nos medios.Eu creo que a colaboración institucional é fundamental para que estes temas funcionen. Eu creo moitísimo no diálogo, na colaboración institucional, e, dende logo, podo dicir que, en todas as conversas e todas as reunións que tiven co presidente Rueda, noto un cambio enorme respecto á Presidencia anterior.

Precisamente esta era unha das cuestións que che quería facer. Como é a relación con Rueda? Hai máis diálogo?

Hai máis diálogo, é un diálogo máis sincero que é o importante e creo que hai ganas de traballar. Pero non creo que sexa só Lugo. Hai un cambio de estratexia. Evidentemente, non poden seguir asfixiando a cidades como Lugo. Somos unha das sete grandes cidades de Galicia e o PP só goberna nunha delas, na de Ferrol. Creo que os cidadadáns de calquera das cidades castigan moito, nas eleccións municipais, esa forma de tratar as cidades grandes. 

E tamén cambiou a relación que tes con Elena Candia? 

Desde logo (a relación) cambiou moito desde que ela chegou. O grupo municipal, eu coñecín no mandato anterior, como era a relación do grupo municipal co goberno. Era moito máis institucional, moito máis colaborador. Dende fai dous anos, non digo eu só, tamén o di o Bloque, en todos os plenos hai moita crispación. Non ten parangón co que pasaba no mandato anterior. É unha situación na que sempre se enreda, sempre se está intentando tensar nos plenos, nas xuntas de voceiros, en todo. Tensar todo ao límite, entorpecer os servicios pedindo documentación constantemente para paralizar todo. Claro que teñen dereito a información, como oposición que son, pero o que non podes fazer é 40 preguntas cada día ou solicitar 40 visitas aos servizos, porque paralizas os servizos do concello. Hai unha estratexia política, que é bombardear para paralizar ao adversario. Esa é a estratexia política do grupo municipal do PP.

E tes falado diso con Elena Candia polo ben do concello?

Si, temos ese diálogo na Xunta de Voceiro onde estamos Rubén Arroxa e Ana González Abelleira, pero notamos que non hai ese interese polo diálogo. 

A ver se mellorades entón a relación. Outro tema do que me gustaría preguntarte é sobre o ciclo da auga, algo do que tes falado moito nos últimos tempos. Que vai pasar coas termas, coa praia fluvial ou co abastecemento? Algunhas destas cuestións xa as levamos escoitando desde a época de Lara Méndez… 

Pois estamos solicitando o Perte da agua, eses 2 millóns de euros para facer todo ese desenvolvemento que necesitamos, esa dixitalización, ese cambio de lectores, de contadores para mellorar a subministración e o saneamento. Iso vai permitir ter un mellor servizo de agua. Eu creo que vai a ser moi importante. 

E a praia fluvial da que levamos falando tanto tempo?

Pois estamos traballando xa. Tiven fai unhas semanas unha reunión coa Confederación Hidrográfica para analizar as posibles ubicacións tendo en conta o uso tradicional que se facía no río para o baño. Tamén hai que ter en conta que é unha zona de protección da biosfera. Pero temos unha zona máis ou menos na que estamos desenvolvendo o proxecto da man da Confederación.

Entón estará lista este verán?

Iso vai ser imposible pola tramitación administrativa que ten.

E antes das vindeiras eleccións?

Eu agardo que si, que xa estea lista, pero xa non depende de min, senón de tramitacións ante distintas administracións. Agora estamos co estudo de impacto ambiental xunto cos técnicos da Confederación.

E as caldas? 

Pois as caldas creo que está todo dito. Si é certo que as caldas se fixeron para ter un uso annual. Tamén estiveron abertas para ver como era ese uso annual e fixemos un estudo de como se utilizaban, o número de usuarios, como funcionaba. O que está claro é que o maior uso está entre os meses de maio e outubre. Neste momento estamos, precisamente, nesa reorganización e xa se plantexou abrilas de maio a outubre con moitísimas actividades. Todas as concellerías xa teñen a orde de facer moita actividade, por exemplo deportiva. Tamén se ofreceu aos clubes, tanto infantiles, como de maiores para que poidan utilizalas. Tamén penso que é un valor moi importante para todo o tema dos peregrinos do Camiño Primitivo e para actividades con xente maior.

Pasamos agora a outro tema que no seu día foi moi polémico pero que lle deu moita vida a esta cidade, a da peonalización. Cales son os seguintes pasos a dar para completar esa idea de que, polo menos, toda a contorna da muralla poida facerse camiñando?

Está claro que a peonaización acabará dentro do casco histórico nun par de meses. Estará totalmente acabada. Vamos a pasar un verán que vamos a poder pasear por toda a cidade. Vai ser un pouco o noso escaparate, o acadar esa humanización que podamos pasear todo Lugo e mirar para atrás e non ver un coche. Estamos tamén traballando o tema da zona de baixas emisións e elaborando a ordenanza de zona de baixas emisións. Desde o día 4 de xaneiro hai xa tres funcionarios dedicados exclusivamente a recibir toda esa documentación. Despois tamén hai unha peonalización do cinto exterior da cidade que vamos a seguir avanzando nela.

E será posible ver todo ese cinto exterior ao carón da muralla tamén peonalizado?

Eu espero que sí, aínda que peonalizar a ronda é complexo. É moi complexo e xo vimos cos pedazos abertos.

Rubén Arroxo sempre di que iso foi grazas ao BNG?

Iso é un obxectivo de goberno. Niso estamos completamente unidos porque a cidade e os lucenses o merecemos. É un escaparate de Lugo. 

Falando de Rubén Arroxo, que tal te levas con el?

Pois moi ben. Esta mesma mañán mandoume un whatsapp e nos vemos moi seguido. Temos establecido, de maneira fixa, determinados días para reunirnos. O obxectivo e falar para sacar os temas que consideramos e poñer en común o traballo que facemos. Hai boa sintonía con el. A Rubén xo coñecía da miña etapa de concelleira e tiña moi boa relación. Pero xa non se trata só de ter boa relación. Sempre tivemos moito feeling e traballamos sempre moi ben xuntos. Pero, agora, creo que dimos tamén un paso máis. Vémonos moito, traballamos moito xuntos e queremos dar esa esa visión de goberno xuntos.

Sabes que iso é fundamental para que unha cidade funcione e haxa boa percepción entre a cidadanía, non?

É certo e iso é visible. Elena Candia sempre puntualizaba na época de Lara Méndez que había pelexas dentro do grupo municipal que tampouco era así. Está claro que isto é unha coalición de goberno pero, logo, tamén inflúen moito as relacións persoais. E nós falamos moito. Procuramos ser moi leais un ao outro e tamén moi sinceros. Realmente estamos traballando moi ben.

E se che pregunto por un balance do que levas feito neste ano e pouquiño que estás no cargo?

Pois penso que se fixeron moitísimas cousas. Por exemplo, poñer terreos a disposición da Xunta para facer vivendas, poñer terreos a disposición de Adif para facer a intermodal, avanzar na nova Comisaria de Policía. Temos moitísimas cousas cara o exterior e, ademais, o goberno está traballando moi cohesionando, e iso ten que ver coa relación que temos Rubén e mais eu e que se reflite nos orzamentos de 2025.

E cales son os principais obxectivos deses orzamentos?

O primeiro é buscar ese equilibrio orzamentario que necesitábamos despois de moitísimos anos. Niso, Rubén e mais eu, estábamos completamente convencidos. Desde o 2010, os gobernos anteriores tiveron que facer desembulsos moi grandes para atender sobre todo a pymes, á xente pola crise. Para nós, a xente é o noso obxectivo fundamental. E realmente o que buscamos ese escudo de protección tras a grave crise provocada pola Covid. Como che dicía antes son unha persoa optimista, pero tamén moi realista. Durantes estes últios anos houbo que reequilibrar todo iso, houbo que sacar máis do que se ingresaba, e agora sí que chega un momento de contención de gasto. Pero o  que non queremos é que sufran os servizos públicos e tratar de reequilibrar ingresos e gastos. Gstoume esa palabra que dixo Rubén, “son ilusionantes” porque volvemos a tentar mellorar os servizos públicos, reequilibrando as contas. Non se trata de facer grandes obras, senón acabar as que temos.

Pero á xente gústalle que lle falen de cousas concretas, non de grandes anuncios que os que nos adicados a comunicación sabemos como funcionan…

Lóxico. E os veciños o que queren é ter unha cidade bonita, limpa que teña moitas zonas verdes, que haxa persoal para atender á xente maior. Un concello que teña protección social. Rubén e mais eu, desde o primeiro día que empezamos a elaborar os orzamentos, dixemos que o escudo social é intocable. O que quremos é que os lucenses nos sintamos todos orgullosos da nosa cidade, que poidamos ensinala con moito orgullo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.. CONCELLO DE LUGO

Entendo, orgullos@s de ser de Lugo pero terás tamén un proxecto que queres cumplir nos teus anos de mandato, non?

Pois mira, o meu proxecto, e non quero falar de proxecto estrela, é centrarme no urbanismo. Como che dixen antes, poder desenvolver urbanísticamente esta cidade; ter solo para residencia, solo para vivenda. Iso para min é importantisimo. E tamén ter solo industrial. Seguimos tendo gran demanda de solo industrial. Eu creo que o gran obxectivo é o desenvolvemento da zona norte da cidade e por iso estamos pedindo fondos europeos. Queremos centrarnos Avenida da Coruña, o Barrio da Milagrosa, o Barrio Feijó.

E que nesa zona vive moita Xente, Paula?

Si, un terzo da da cidade. Creo que a Avenida da Coruña merece un gran foco de atención. E facer del un gran polo de actividade comercial, ese boulevard, humanizar toda a parte norte que creceu un pouco sen xeito, como se crecía nos anos 60 e70. Agora é o momento de sentarnos e abordar estes proxectos; desenvolver e humanizar a cidade e facer dela un gran polo económico. 

ÚLTIMAS

O ferido dun tiro en Lugo acaba detido por tenencia de armas e confírmase que se disparou a si mesmo por accidente

O home que resultou ferido o pasado fin de semana no Barrio de Feijoo...

A Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2 millóns de euros

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por máis de 3.240.000 euros...

Un home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

Un home resultou ferido por arma de fogo na noite deste venres no barrio...

O PP denuncia que Puente “dá por descartadas” as variantes e a lanzadeira ferroviaria entre Lugo e Ourense

O PP de Lugo denunciou que o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, dá...