InicioPolíticaPodemos, EU e Equo perfilan o programa para confluír en Lugo

Podemos, EU e Equo perfilan o programa para confluír en Lugo

A segunda reunión dentro das conversas iniciadas en setembro confirma o entendemento dentro do acordo estatal asinado polas tres forzas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Equo Lugo, a agrupación local de Esquerda Unida e o Círculo Podemos de Lugo seguen adiante co calendario de reunións para concorrer conxuntamente nas municipais de maio. A segunda reunión dentro das conversas iniciadas en setembro serviu para analizar a situación política da cidade e conformar as bases dun programa compartido.

Como explicaron ao remate da xuntanza, os termos da negociación encádranse no acordo estatal subscrito entre as tres organizacións no mes de xuño, referendado polas bases, e que deixa fóra os sectores próximos ás mareas naqueles concellos onde a alianza instrumental non está consolidada. É o caso de Lugo, onde EU foi por libre en 2015 na lista Alternativa Cidadá de Esquerdas, ACE, mentres que Podemos saíu da coordinadora de Lugonovo a finais de 2017.

Inicialmente, o acordo estatal implica que só as marcas consolidadas terán autonomía, polo que a coalición de Lugo incluirá as siglas das tres formacións. En canto á cabeza de cartel, en principio resulta complicado imaxinar que non sexa Carlos Portomeñe, único representante de ACE na corporación municipal. O secretario municipal de Podemos, José Pérez, é a outra faciana representativa da alianza.

Así as cousas, Equo, Podemos e EU coinciden en procurar unha alternativa feminista, ecoloxista “e que aposta pola radicalidade democrática, a participación cidadá e a absoluta rexeración da xestión local”, para rematar, explican, “coas prácticas corruptas e clientelares na administración municipal”. Definido o carácter da coalición e as liñas mestras do programa, vindeiros contactos deberán incorporar a lista que presentarán nos comicios de finais de maio. 

Os acordos de cara ás municipais fan de Lugo o bastión de En Marea

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...