InicioPolíticaOs senadores do PP preguntan polos avances do proxecto do centro de...

Os senadores do PP preguntan polos avances do proxecto do centro de refuxiados de Castro de Rei

Que implica a rehabilitación das instalacións do antigo hospital psiquiátrico San Rafael

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, interesáronse no Senado polo proxecto do Centro de Acollida de Protección Internacional no concello de Castro de Rei, na localidade de Castro de Ribeiras de Lea.

Nun comunicado, lembran que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións anunciou a súa construción cun investimento de 17 millóns de euros, con cargo a fondos europeos, e que implicaba a rehabilitación das instalacións do antigo hospital psiquiátrico San Rafael, propiedade da Deputación de Lugo, e o cambio de titularidade a favor do Ministerio.

Así as cousas, os senadores preguntan ao Goberno se renunciou a construír o centro de refuxiados. Os populares esixen coñecer os trámites e requirimentos de documentación que realizou o Ministerio á Deputación, actual propietario, co obxectivo de facerse coa titularidade da parcela, ademais de preguntar cales foron os resultados desas xestións.

Preguntan tamén se o Goberno requiriu á Deputación de Lugo que se presentase o proxecto de segregación, necesario para dividir a parcela, xa que actualmente coexisten varios usos diferentes: gandeiros e sociosanitarios e, de facelo, tamén queren saber con que resultados e en que data tivo coñecemento o Goberno da presentación dese proxecto de segregación.

Por último, preguntan ao Ministerio se ten constancia da tramitación dun plan especial de dotacións para poder facer efectivo ese cambio de usos urbanísticos e, de ser así, en que data e con que resultados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...