InicioPolíticaO Goberno anula a condena ao médico e político de Lugo Rafael...

O Goberno anula a condena ao médico e político de Lugo Rafael de Vega, executado tras o golpe de estado de 1936

Quedou acreditado que sufriu "persecución por razóns políticas e ideolóxicas durante a Guerra Civil".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Goberno procedeu, a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, á declaración de recoñecemento e reparación persoal para o médico de Lugo Rafael de Vega Barreira tras a solicitude presentada e ao quedar acreditado que sufriu “persecución por razóns políticas e ideolóxicas durante a Guerra Civil”.

Faino en base ao disposto na Lei de Memoria Democrática e ao declarar “ilegal e ilexítimo” o tribunal que xulgou a Rafael de Vega Barreira e calquera outros órganos que, a partir do golpe de estado, constituíronse “para imporlle por motivos políticos, ideolóxicos, de conciencia ou crenza relixiosa condenas ou sancións”, fosen penais ou administrativas.

Natural de Zazuar (Burgos), de profesión médico, era tamén membro da masonería. Traballou como cirurxián en Lugo e despois foi director do Hospital Municipal de Lugo, cidade na que proclamou a Segunda República Española desde o balcón do Concello. Nas eleccións xerais de 1931, foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Republicano Radical. Foi detido o 24 de xullo de 1936 polos militares sublevados, sendo recluído na prisión provincial.

Posteriormente, procesóuselle mediante procedemento sumarísimo urxente e, por sentenza de outubro de 1936 polo Consello de Guerra instruído na praza militar, condenado á pena de morte polo suposto delito de traizón. A súa execución produciuse o 21 de outubro de 1936. Posteriormente, os seus bens foron incautados e impúxoselle unha multa solidaria de 1,5 millóns de pesetas en concepto de responsabilidade patrimonial.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...