InicioPolíticaCandia, Barreiro, Balseiro e Serrano reclaman a chegada do AVE e dos...

Candia, Barreiro, Balseiro e Serrano reclaman a chegada do AVE e dos Avril á provincia, “a única sen estes servizos”

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, e os senadores populares José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, denunciaron este luns desde a estación de tren da capital lucense o "agravio" que supón que Lugo sexa "a única provincia de Galicia" sen estes trens.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, e os senadores populares José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, acompañados doutros cargos do partido, reclamaron este luns desde a estación de tren da capital lucense a chegada do AVE e dos Avril á provincia e denunciaron o “agravio” que supón que Lugo sexa “a única provincia de Galicia” sen estes trens.

Nunha nota de prensa, o PP destacou que para que cheguen estes servizos á provincia é “imprescindible” a construción das variantes dos Peares-Canaval e Rubián, así como acometer melloras no trazado que permitan a circulación a alta velocidade no novo material rodante. Así, expuxeron que os proxectos destas variantes xa foran presentados polo exministro Íñigo da Serna e desde o PSOE “o único que fixeron foi anulalos” o que, na súa opinión, “condena á provincia a quedar fóra do AVE”.

Por iso, os populares lucenses chaman a atención sobre o “illamento” ao que consideran que o Executivo de Pedro Sánchez somete á provincia en materia de infraestruturas de comunicación. “Os lucenses non estamos en igualdade de condicións co resto de galegos, como as nosas empresas tampouco poden competir en igualdade de condicións”, sinalaron.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...