InicioPolíticaElena Candia tacha de "pésima" a xestión do Goberno local sobre o...

Elena Candia tacha de “pésima” a xestión do Goberno local sobre o servizo de reparación de fugas de auga: “Antes tiñamos un mal contrato e agora nin iso temos”

Os populares culpan ao Executivo de deixar sen cobertura a cidade todas as noites e as fins de semana a pesar de recadar 26,6 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, Elena Candia, cualificou este mércores en rolda de prensa como “pésima” a xestión realizada pola alcaldesa, Paula Alvarellos, para garantir o servizo de reparación de fugas de auga na cidade, sen cobertura actualmente, denunciou, “desde as oito da tarde ás oito da mañá” así como todas as fins de semana e os festivos.

Candia, que acusou á rexedora lucense de “cometer os mesmos erros” que a súa antecesora no cargo, puntualizou que a xestión do servizo de avarías de auga é “competencia exclusiva do Concello” e afeou ao Goberno local que non realizase melloras no mesmo a pesar de ingresar, entre os anos 2015 e 2023, “máis de 26,6 millóns de euros” en recadación efectiva pola taxa do servizo.

“É algo absolutamente inaceptable e un exemplo dese hipócrita ecoloxismo dos que proclaman ser unha cidade sustentable e doutra banda dilapidan un dos recursos máis valiosos que existen, a auga”, manifestou a tamén presidenta provincial do PP. No mes de febreiro deste ano, lembrou Elena Candia, a empresa adxudicataria decidiu “unilateralmente” deixar de prestar o servizo de reparación de fugas de auga e o Concello sacou novamente a concurso o contrato.

Un contrato, apuntan os populares, que replicaba o presentado “de maneira provisional” no ano 2020, “cunha dotación insuficiente” e “sen unha boa planificación” ao que a única empresa licitadora decidiu agora renunciar. “O resultado é que estamos sen servizo. Xa o estabamos desde febreiro, pero a solución que deron era un parche e agora estamos peor porque antes tiñamos un mal contrato e agora nin iso temos“, finalizou Elena Candia.

ÚLTIMAS

Besteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: “Non imos permanecer indiferentes”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, alertou este martes da "polarización...

O San Froilán 2025 presenta o seu cartel oficial con Iván Mouronte

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto ao...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Xunta deu luz verde este martes á "declaración de incidencia ambiental de actividade" para un...

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...