InicioPolíticaO BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

Di que é unha "bomba medioambiental" para a zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas de Rei recollidas nas últimas xornadas en distintos postos informativos colocados na comarca de Lugo pola formación.

A deputada Montserrat Valcárcel, que estivo acompañada polo portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e cargos orgánicos e institucionais do BNG en Lugo, asegurou que o proxecto “será unha bomba ambiental que prexudicará a toda Galicia, especialmente nunha comarca que destaca polo seu desenvolvemento agrario”.

“O proxecto de Altri en Palas de Rei condicionará de forma decisiva a política forestal, incrementando a eucaliptización e afectando os equilibrios, á biodiversidade e ás cadeas de valor da industria forestal galega”, explicou a deputada do Bloque, que destacou que “a afección deste proxecto vai máis aló dos concellos da contorna, do río Ulla e da ría de Arousa, é un proxecto que atenta contra os intereses xerais de Galicia”, sinalou.

Conforme apuntou o BNG nun comunicado, Montserrat Valcárcel resaltou que “non se coñece que asociado a este proxecto haxa ningún plan de industrialización ligado ao sector do papel, cartón e téxtil que promova o peche dos ciclos produtivos en Galicia e aumente o valor engadido en sectores básicos da nosa economía”.

O BNG considerou o proxecto de Altri como “unha industria de enclave”, “unha pasteira de grandes dimensións que vai chegar a todos países a transformación da materia prima e que pon en perigo importantes sectores produtivos de Galicia“. As alegacións presentadas reclaman á Xunta a non autorización ambiental integrada, o rexeitamento do estudo de impacto ambiental, a non declaración de utilidade pública e o rexeitamento de proxecto promovido por Altri en Palas de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...