InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG rexeita o proxecto de Altri en Palas, ao que tacha...

O BNG rexeita o proxecto de Altri en Palas, ao que tacha de “bomba ambiental no corazón de Galicia”

Olalla Rodial asegurou que a análise da documentación presentada por Altri "evidencia" que o proxecto "non ten nada de economía circular nin de peche do ciclo produtivo", senón que constitúe un "exemplo de libro" dunha "industria de enclave" para a xeración de materia prima para a súa explotación noutro lugar a través dunha "fábrica contaminante que non queren en Portugal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG mostrou o seu rexeitamento ao proxecto de Altri no municipio lugués de Palas de Rei, que a formación nacionalista ve “unha bomba ambiental no corazón de Galicia”. Así o manifestou a viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil, nunha rolda de prensa celebrada este xoves no Pazo do Hórreo na que denunciou a “gran mentira” que, din, se esconde tras o proxecto para crear unha fábrica de produción de fibras téxtiles.

“Estamos ante unha gran mentira que non ten nada que ver co que se anunciou. Non queren instalar unha planta de fibras téxtiles, o que queren é unha planta de celulosa líquida tres veces máis grande que a de Ence en Pontevedra”, aseverou Rodil. Neste sentido, o Bloque avanzou que levarán a cabo unha “ofensiva” en contra da planta a multinacional portuguesa a través da presentación de alegacións ao proxecto e a defensa de iniciativas en concellos, parlamentos e a Eurocámara; ademais de acompañar as mobilizacións sociais.

Segundo Rodil, a análise da documentación presentada por Altri “evidencia” que o proxecto “non ten nada de economía circular nin de peche do ciclo produtivo”, senón que constitúe un “exemplo de libro” dunha “industria de enclave” para a xeración de materia prima para a súa explotación noutro lugar a través dunha “fábrica contaminante que non queren en Portugal”.

Os nacionalistas advertiron do “enorme impacto” que tería “para toda a comarca da Ulloa, Melide, a conca do río Ulla e a ría de Arousa” unha planta ideada para un espazo sinalado para a ampliación da área Rede Natura da zona LIC Serra do Careón, unha expansión “paralizada desde 2011 polo Partido Popular” desde a Xunta. “O PP debe responder se a paralización da ampliación deste espazo natural fíxose para vender os recursos naturais”, remarcou Rodil, que subliñou que a Unión Europea “advirte desde hai anos” á Xunta de que debe aumentarse a superficie natural protexida por figuras como a Rede Natura.

RECURSOS HÍDRICOS

Ademais, a deputada do BNG sentenciou que a planta de Altri constitúe unha “agresión descomunal” aos recursos hídricos de Galicia porque suporá a captación “de 46.000 metros cúbicos de auga ao día”, o que equivale a máis do consumo diario de “toda a poboación” da provincia de Lugo. A iso sumou que “o 80 %” dos restos de auga derivados funcionamento da factoría serán verteduras ao río Ulla, que “xa ten uns índices de contaminación moi elevados” e que desemboca na ría de Arousa, onde a produción se viu “moi” reducida nos últimos anos.

Rodil tamén sinalou a actividade agrogandeira e o turismo ligado ao Camiño de Santiago como elementos que se verán prexudicados se se leva a cabo unha fábrica que necesitará “1,2 toneladas de eucalipto ao ano”, o que redundará na “eucaliptización” de Galicia. “Estamos ante un proxecto que vai condicionar a política agraria e económica da comarca e que vai hipotecar o futuro de Galicia”, sentenciou a deputada frontista, que acusou ao PP de “traballar para beneficiar ás empresas amigas” que, como o caso de Greenalia ou Navigator, teñen nos seus consellos de administración a antigos cargos da Xunta como a exconselleira Beatriz Mato.

ÚLTIMAS

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

O Goberno bota balóns fóra: asegura que “as posibles afeccións” do proxecto de Altri deben ser avaliadas pola Xunta

O Goberno central subliña que corresponde á Xunta realizar "calquera avaliación que resulte necesaria" e analizar "as posibles...

O goberno de Lugo valida a executar dúas sentenzas sobre as xefaturas de Persoal e Arquitectura

A xunta de goberno local do Concello de Lugo dará luz verde este mércores...

A Raíña Sofía visita o Banco de Alimentos, un “soño cumprido” para a entidade

A Raíña Sofía visitou este luns o Banco de Alimentos de Lugo, onde se...