InicioSociedadeO PP ve un "lavado de cara" os 14,7 millóns para mantemento...

O PP ve un “lavado de cara” os 14,7 millóns para mantemento na A-6 e N-V, “o 10 % do investimento necesario”

Deputados, senadores e alcaldes da zona luguesa da autovía acusa ao PSOE de tratar a Lugo como "cincenta".

PUBLICADA O

- Advertisement -

PP cualificou de “lavado de cara” os 14,7 millóns aprobados polo Goberno para investir no mantemento da autovía A-6 e da nacional N-V ao seu paso pola montaña de Lugo, unha partida que os populares consideran que é “o 10 % do que necesita a autovía”. Este sábado, deputados, senadores e alcaldes da zona xunto á presidenta provincial do PP lugués, Elena Candia, visitaron a vía ao seu paso polo municipio de Baralla para acusar ao PSOE de tratar Lugo como “a cincenta de España”, o que atribúen aos resultados electorais do PSOE na provincia.

“Isto non é un tema político por moito que o PSOE demostre que só lle interesa falar da A-6 cando hai eleccións. Isto é un tema de seguridade viaria, de competitividade das nosas empresas e de accesibilidade a Galicia”, sinalou o deputado no Congreso Francisco Conde en declaracións difundidas polo PP. Os populares estiman que o investimento que necesita a A-6 para liquidar os problemas ascende a 140 millóns de euros, co que os 14,7 millóns de euros anunciados esta semana pola Administración central son “insuficientes” e, din, só permitirán levar a cabo un “lavado de cara”.

Así o manifestou a deputada autonómica electa por Lugo e máxima responsable do partido na provincia, Elena Candia, que incidiu en que a partida “se reduce aínda máis se temos en conta que é unha partida plurianual, o que leva que as a obras se dilaten polo menos tres anos”. Deste xeito, instou ao Goberno a “que deixe de tratar a esta provincia e a Galicia como a cincenta de España porque o pasado día 18 quedou demostrado que os lucenses e os galegos apostamos polo que realmente funciona”, en alusión ás eleccións galegas nas que o PP renovou a súa maioría absoluta en Galicia.

Tamén participou na visita o senador José Manuel Barreiro, que cargou contra o Executivo que preside Pedro Sánchez por levar “ao Ministerio de Transportes aos peores momentos da súa historia”. Nesta liña sinalou que a xestión dos socialistas resúmense en “trens que non collen polos túneles, viadutos que caen, trens que non chegan” e “tamén dunha clamorosa desatención do deber de conservación das estradas”.

Todo isto, continuou o exportavoz popular na Cámara alta, “tutelado por un departamento que está a ser moi cuestionado e está a ser noticia non precisamente pola súa eficacia na xestión das infraestruturas”. Así as cousas, o PP reclamou “sensatez” ao Goberno central e avanzaron que levarán estas demandas vinculadas á A-6 á Cortes para que se adopten investimentos que renoven a capa de rodaxe na autovía, unha infraestrutura “esencial” para a comunidade.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...