InicioPolíticaO BNG de Vilalba pide aplicar a lei de memoria história e...

O BNG de Vilalba pide aplicar a lei de memoria história e retirar o busto de Fraga da Alameda

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Vilalba presentou unha moción, que asina o seu concelleiro Constantino Alvite, na que, en aplicación da Lei de memoria democrática sobre símbolos e elementos contrarios á memoria, pide, entre outras cuestións, retirar o busto de Fraga da Alameda de Fraga e cambiar a denominación da cidade cultural que leva nome do que foi ministro franquista e logo presidente da Xunta durante 16 anos.

Na moción, para o seu debate no pleno este xoves, lembra que o artigo 35 da lei de memoria democrática recolle que se consideran elementos contrarios á memoria democrática as “edificacións, escudos, insignias, placas e calquera outro elemento ou obxecto” que estean ancorados a edificios públicos nos que se realicen mencións persoal ou colectiva á sublevación militar da ditadura, dos seus dirixentes, participantes no sistema represivo ou das organizacións que sustentaron a ditadura.

Así, e dado que inclúe desde mobiliario urbano a nomenclaturas, o BNG pide que se retire e/ou elimine a placa situada na parte exterior dunha das paredes da igrexa de Sancovade, o monumento situado no cemiterio de Goiriz, o monumento situado diante do cemiterio de Alba, o busto de Manuel Fraga Iribarne situado na Alameda, a denominación da Cidade Cultural Manuel Fraga Iribarne e a denominación da rúa Luís González Valdesuso.

+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...