InicioPolíticaPaula Alvarellos será a nova alcaldesa de Lugo a partir deste xoves

Paula Alvarellos será a nova alcaldesa de Lugo a partir deste xoves

Releva a Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil socialista Paula Alvarellos converterase o xoves en nova alcaldesa de Lugo en substitución de Lara Méndez, que fixo efectiva a súa renuncia o pasado venres para ocupar o segundo posto da candidatura do PSdeG por Lugo nas eleccións autonómicas de febreiro.

A substitución foi confirmada este sábado polo goberno local lugués a través dun comunicado no que os socialistas afirman que a elección de Alvarellos como substitución de Méndez é froito do “consenso” no seo da formación local. Así, tomará o bastón de mando nun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro xoves 18 de xoves e que será convocado de forma oficial este luns.

O día despois do pleno no que Méndez dixo adeus á Alcaldía da capital luguesa sen desvelar o nome de sucesor, o grupo socialista na Cidade das Murallas despexou as incógnitas coa confirmación de que será Alvarellos quen ocupe o lugar deixado pola ata o venres alcaldesa tras o seu salto á política autonómica.

Antes da emisión do comunicado do goberno local, a Deputación de Lugo que preside o tamén socialista José Tomé anunciou que Miguel Fernández, número dous na lista das últimas eleccións locais de 2023 e que figuraba nas quinielas como posible substitución de Méndez, asumirá a área de Vías e Obras, aínda que aseguraba que a decisión fora acordada “hai meses”.

Pola súa banda, o grupo socialista no Concello lugués incidiu en que a elección de Alvarellos “é a mostra da cohesión interna” dos concelleiros da formación, que elixiron á edil por “consenso” e coa “convicción de que todas e cada unha das persoas que integran o equipo resultan igual de valiosas, polo seu perfil, coñecementos e experiencia, independentemente do lugar que ocupan”.

Os socialistas lugueses remarcan que era a súa “vontade” desvelar o nome da substitución de Méndez despois de que se fixese efectiva a súa dimisión, “en tempo e conforme aos prazos establecidos” e co obxectivo de “dar continuidade ao proxecto impulsado” pola xa exalcaldesa desde a súa chegada ao goberno en 2015.

A propia Méndez publicou unha serie de mensaxes no seu perfil na rede social ‘X’ que replica o comunicado remitido aos medios de comunicación polo grupo socialista que abandona para acompañar ao candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, no seu intento por alcanzar a Xunta.

REESTRUTURACIÓN NA DEPUTACIÓN

O fin do debate sobre a persoa a asumir o oco que deixa Méndez na Alcaldía da capital provincial chega na mesma xornada na que a Deputación de Lugo informou dunha reestruturación das áreas do goberno que encabeza o rexedor monfortino, José Tomé. Os cambios afectan o nome que, xunto a Alvarellos, figuraba como posible substitución da exalcaldesa, o edil Iván Fernández, que suma Vías e Obras ás responsabilidades en Formacion, Ensino e Economía que xa ostentaba.

Segundo a nota de prensa da deputación, este nomeamento xa fora acordado entre Tomé e Fernández “hai uns meses para que se producise no principio do ano, coincidindo coa aprobación dos novos orzamentos”. Ademais, o goberno provincial suple a saída da ata agora rexedora de Trabada, Mayra García, que tamén abandona a política local para ser candidata ao Parlamento galego, no seu caso, ocupando o tres por Lugo tras Besteiro e Lara Méndez. As áreas que deixa na deputación (Economía, Facenda e Especial de Contas) recólleas a alcaldesa de Burela, Carmela López, que tomará posesión das súas novas responsabilidades no próximo pleno provincial.

ÚLTIMAS

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de...

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un...

Evacuan ao hospital a un peregrino cunha reacción alérxica e convulsións en Portomarín

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense evacuou este venres a un...