InicioEconomíaBesteiro vai á peaxe da AP-53 en Silleda para reivindicar que a...

Besteiro vai á peaxe da AP-53 en Silleda para reivindicar que a bonificación “saldará unha débeda histórica”

O pacto de PSOE e BNG recolle unha bonificación das autoestradas AP-9 e AP-53 de ata o 75 por cento para quenes fan viaxes de ida e volta no mesmo percorrido en 24 horas e son usuarios recorrentes (20 viaxes ao mes) ou nalgún dos dous casos, polo menos, do 50 por cento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do PSdeG á Xunta e deputado no Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este martes, un día despois da firma do pacto entre socialistas e BNG para a investidura de Pedro Sánchez, á peaxe de Silledana AP-53 para reivindicar que o acordo “salda unha débeda histórica coa Galicia interior”. O pacto de PSOE e BNG recolle unha bonificación das autoestradas AP-9 e AP-53 de ata o 75 por cento para quenes fan viaxes de ida e volta no mesmo percorrido en 24 horas e son usuarios recorrentes (20 viaxes ao mes) ou nalgún dos dous casos, polo menos, do 50 por cento.

En declaracións aos medios no acto deste martes, Besteiro puxo de manifesto que esta medida beneficiará a 7.000 familias galegas que percorren a autoestrada diariamente, ademais de resaltar que custou moito chegar a este acordo” e “custou o camiño para alcanzar a gratuidade que se iniciou polo Goberno de Pedro Sánchez” hai un ano coas bonificacións das tarifas da AP-9. Gómez Besteiro considera que o Goberno socialista “libera”, así, a Galicia dunha “condena que impuxo o PP ata 2074” con esta peaxe, algo do que “non foi capaz nin Feijóo, nin Rueda, nin Rajoy”, nin mesmo o propio alcalde de Lalín, José Crespo, que foi senador.

É “unha débeda histórica coa Galicia interior” na conexión Santiago e tamén unha “débeda” coa comarca do Deza, xa que se estaba “limitando e gravando a actividade nunha comunicación que considera esencial para a vertebración da comunidade”. Así mesmo, lembrou que o próximo ano “chegará” a A-54, que conectará Lugo con Santiago, nunha nova infraestrutura en beneficio de “todos os galegos”.

PEAXES “CORTESÍA DE AZNAR”

Xunto a Besteiro estivo o secretario provincial do PSdeG en Pontevedra, David Regades, quen recalcou que o PSOE “pon fin á condena” das “maiores peaxes por quilómetro de toda España, “cortesía de Aznar ata 2074”. “Este acordo demostra que sempre que goberna o PSOE en España, avanzamos, porque cando subimos as pensións co IPC benefícianse as persoas xubiladas do Deza; cando subimos o salario mínimo interprofesional, benefíciase aos traballadores do Deza e cando acabamos coas peaxes inxustas que o PP impulso a todos os veciños, tamén melloramos a vida da xente desta comarca”, afirmou.

Pola súa banda, xunto a cargos e representantes socialistas da comarca, o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, agradeceu ao PSOE o “esforzo” para a comarca, en especial respecto diso da autoestrada que será bonificada o ano que vén, xa que se trata dunha vía de alta capacidade “que non funciona como tal, por culpa destas cargas económicas que obrigan aos veciños á N-525, supersaturada”.

ÚLTIMAS

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

A Deputación de Lugo reivindica o seu modelo de residencias de maiores

O responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...