InicioPolíticaO BNG esixe que se axilicen os traballos para solucionar o derrube...

O BNG esixe que se axilicen os traballos para solucionar o derrube rexistrado na A-6 en Becerreá

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, pediu ao Ministerio de Transportes que axilice os traballos de limpeza de cascallos no lugar do derrube de terra rexistrado en Becerreá e garanta a operatividade da A-6 canto antes.

Nun comunicado remitido aos medios, o parlamentario nacionalista critica o atraso no inicio dos labores de limpeza dunha autovía “fundamental” para a conexión de Galicia coa Meseta. “Os traballos empezaron case unha semana despois do corremento de terras que invadiu os dous carrís en dirección A Coruña e non temos data de cando vai estar operativa a vía”, reprocha o deputado do BNG ao ministerio.

Neste sentido, preguntou a que se debe esta demora nas actuacións nunha “vía básica” para as comunicacións do transporte de mercadorías e que permanece pechada á altura do derrube o que, segundo indicou, “está a causar importantes problemas de circulación”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...