InicioPolíticaA asemblea local do BNG será quen decida a súa posición tras...

A asemblea local do BNG será quen decida a súa posición tras a dimisión da alcaldesa de Vilalba

O portavoz municipal do BNG en Vilalba, Tino Alvite, avisou de que é a asemblea local da formación a que ten "a última palabra" sobre a súa posición tras a dimisión da alcaldesa, a socialista Elba Veleiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz municipal do BNG en Vilalba, Tino Alvite, avisou de que é a asemblea local da formación a que ten “a última palabra” sobre a súa posición tras a dimisión da alcaldesa, a socialista Elba Veleiro.

En concreto, o pasado luns a rexedora socialista, que gobernaba en colación con Vilalba Aberta e que contara co voto favorable do BNG na sesión de investidura, anunciou a súa dimisión e explicou que volvería ao seu posto como médico no centro de saúde da localidade.

Ademais, o Grupo socialista informou nun comunicado de que propuña ao número dous, Marta Rouco, como candidata a facerse co bastón de mando tras a marcha de Elba Veleiro.

Respecto diso, noutra nota de prensa remitida este mércores, os nacionalistas de Vilalba sinalan que o BNG non ha decido aínda “nada” ante a situación que atravesa o concello coa dimisión da alcaldesa. Ademais, lembran que é a asemblea local a que ten a última palabra e a que decidirá que fará a súa organización ante esa situación.

“O BNG non ten nada decidido aínda ante este inesperado contexto no noso concello. Avaliaremos colectivamente a situación e faremos o mellor para os veciños de Vilalba”, sinalou o nacionalista. Ademais, o Bloque insta ao PSOE a dar explicacións aos veciños sobre esta “sorpresiva decisión” á que critica que os socialistas queiran “darlle carta de normalidade” e que consideran que “esconde as pelexas internas” na formación.

“Resulta rechamante que sen trasladarse publicamente antes ningún problema no que respecta á gobernabilidade do Concello de Vilalba, dun día para outro, atopémonos con esta dimisión”, apunta.

Tras as municipais de maio de 2023, os socialistas, que teñen cinco concelleiros –tres menos que en 2019– contaron co apoio de Vilalba Aberta –cuxos tres edís entraron no goberno– e do concelleiro do BNG para facerse co bastón de mando. Pola súa banda, o PP, con oito edís, foi o partido máis votado.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...