InicioPolíticaO BNG demanda ao Goberno que "cumpra os prazos" de finalización da...

O BNG demanda ao Goberno que “cumpra os prazos” de finalización da A-54 e que “non haxa máis atrasos”

O portavoz do BNG no Congreso pide tamén "axilidade" para a execución do tramo Melide-Arzúa. Ambos os tramos presentan un ritmo, destacan, que fai dubidar das datas comprometidas polo Ministerio, que aseguraba que en decembro de 2023 estaría acabado o primeiro tramo, e que ao longo de 2024, o segundo. "Non son de recibo máis atrasos", critica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, dirixiu varias preguntas ao Ministerio de Transportes para demandarlle a finalización do tramo da A-54, Palas de Rei-Melide, a finais deste ano, “como se comprometeu”. Tal e como recollen nun comunicado, pide tamén “axilidade” para a execución do tramo Melide-Arzúa.Ambos os tramos presentan un ritmo, destacan, que fai dubidar das datas comprometidas polo Ministerio, que aseguraba que en decembro de 2023 estaría acabado o primeiro tramo, e que ao longo de 2024, o segundo. “Non son de recibo máis atrasos”, critica.

O deputado do BNG censura que esta infraestrutura viaria acumule “máis de dúas décadas” de tramitacións, demoras, paralizacións, problemas e que “aínda non chegase á meta final”. Lamenta tamén que a súa construción “se convertese nunha carreira de obstáculos con datas de finalización que sempre acaban atrasadas”. Así as cousas, Rego pon de manifesto o “labor de control” que o BNG levou a cabo ao longo de dous anos en relación á autovía Lugo-Santiago.

“Xusto hai un ano, preguntabamos ao Ministerio polas datas concretas de finalización dos dous tramos. Somos conscientes de que xurdiron dificultades como a aparición de restos arqueolóxicos ou o problema suscitado co retranqueo do río Ladrón en Arzúa, que levou a disputas entre a Xunta e o Ministerio, co consecuente parón das obras. Pero non se xustifican paralizacións que se alongan no tempo”, sinalou Rego.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...