InicioA UlloaPalas de ReiReunión de Industria con Altri a semana que vén para buscar "solucións"...

Reunión de Industria con Altri a semana que vén para buscar “solucións” ao seu proxecto en Palas

Besteiro anuniou a reunión despois de que o presidente da Xunta vinculase este xoves coa proximidade das eleccións xerais do 23 de xullo o feito de deixar sen fondos a esta empresa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo reunirase a semana que vén coa compañía Altri para buscar “solucións e vías de financiamento” para o seu proxecto de fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei.

Así saíu Besteiro ao paso despois de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vinculase este xoves coa proximidade das eleccións xerais do 23 de xullo o feito de que se deixe sen fondos europeos a esta empresa, asegurando que o Executivo central pretende prexudicar ao presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

Nun vídeo difundido aos medios de comunicación, o delegado do Goberno pediu á Xunta “seriedade e responsabilidade” para recoñecer que a maneira inicial na que se presentou o proxecto de Altri “non foi a correcta”, polo que agora hai que facer “encaixe” cos criterios e as esixencias da Unión Europea para que poida obter financiamento.

Así, lembrou que o Executivo aprobou esta semana unha adenda para buscar oco a máis dun centenar de novos proxectos galegos, polo que agora tamén se tratará de atopar solucións para Altri a través dunha reunión entre a empresa e o Ministerio.

Ademais, reclamou ao Goberno autonómico que aclare canto vai portar para apoiar este proxecto, na liña doutras comunidades con proxectos estratéxicos. Besteiro reivindicou que a prioridade do Goberno de España é executar o 100% dos fondos do Plan de Recuperación, dos cales a Galicia chegaron case 2.800 millóns, sendo a metade xestionados pola Xunta.

Segundo as súas cifras, un total 171 proxectos industriais xa foron beneficiarios na Comunidade de case 200 millóns de euros a través dos distintos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (Perte).

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...