InicioPolíticaO PSdeG atribúe a Candia os "anónimos" contra Besteiro e insta ao...

O PSdeG atribúe a Candia os “anónimos” contra Besteiro e insta ao PP a pedir perdón

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, evitou situarse sobre quen considera que sería mellor candidato á presidencia da Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, atribuíu os escritos “anónimos” presentados no xulgado con denuncias contra José Ramón Gómez Besteiro á presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, a quen instou a pedir perdón. “É o momento de que o Partido Popular pida desculpas“, dixo o responsable de Organización do PSdeG este mércores.

“Houbo unha actuación mezquina por parte dunha señora que hoxe se presenta á Alcaldía de Lugo, que se chama Elena Candia, que, utilizando anónimos tentou apartar da esfera pública ao que era o secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia e candidato á Xunta”, sostivo.

Ademais, José Manuel Lage expresou a súa “alegría e satisfacción” pola “rehabilitación política” de Besteiro, recalcando que “en política non vale todo”. Ademais, lamentou que a xuíza, Pilar da Lara, “saíu de rositas” despois de “apartar dunha forma arbitraria ao compañeiro Besteiro das súas responsabilidades”.

Preguntado polos xornalistas, o secretario de Organización do PSdeG evitou situarse sobre quen considera que sería mellor candidato á presidencia da Xunta nas autonómicas do 2024 e limitouse a sinalar que “quen está ben situado para ser unha alternativa á Xunta é o PSdeG”. Ademais, afirmou que “serán os militantes os que decidan” e nunca antes das eleccións municipais.

A continuación, José Manuel Lage deu as grazas ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, por ser “xeneroso” e porque “pensa no conxunto do partido” e nun “proxecto colectivo para Galicia”.

Tamén agradeceu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, por eses cambios no seu equipo, “o PSdeG pasa a estar no Consello de Ministros”, destacou en relación co nomeamento de José Miñones como ministro de Sanidade.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...