InicioPolítica7 millóns de euros en investimentos para Vilalba

7 millóns de euros en investimentos para Vilalba

O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, destacou o pasado 28 de febreiro en Vilalba o investimento do Goberno que recibirá a vila polos proxectos e as xestións realizadas desde o concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na súa visita, José Miñones felicitou á alcaldesa, Elba Veleiro, por ter conseguido unha axuda de medio millón de euros do Instituto para a Transición Xusta por un innovador proxecto municipal de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais, coa inclusión de conxuntos arbóreos e zonas verdes en varias rúas do casco urbano, facilitando ademais a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida.

Para a obtención da subvención, foi fundamental que o concello tivese un Plan de Mobilidade, forme parte do Paces (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible) e iniciase neste mandato unha aposta pola humanización e a sostibilidade no casco urbano.

Miñones destacou tamén a importancia da mellora da conectividade coa achega da fibra óptica a 4.200 vivendas e a empresas do municipio grazas ao Plan ÚNICO-Banda Ancha, valorada en 1,1 millóns de euros, e as axudas do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) –do Ministerio para a Transición Ecolóxica–, que permitirán un aforro grazas á mellora da eficiencia da iluminación pública, con tres axudas por máis de 400.000 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Elba Veleiro, acompañada de Jos´e Miñones por unha rúa de Vilalba. Foto: Prensa Concello de Vilalba.

A estes investimentos que chegan do Estado súmanse, segundo o delegado do Goberno: 900.000 euros do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana que permiten rehabilitar a Casa do concello de Vilalba de maneira sostible, reducindo nun 80% o consumo de enerxía, no marco do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP); 1,1 millóns de euros para a reforma do Parador de Vilalba, e 2,8 millóns de euros dentro do convenio coa Confederación Miño-Sil para mellorar o saneamento e a EDAR de Vilalba.

A alcaldesa de Vilalba agradeceu “o apoio do Goberno, con investimentos que son o froito do traballo realizado desde o concello, con proxectos pensados para mellorar a vida dos veciños”.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...