InicioPolíticaO 'número dous' do PSOE de Lugo súmase a pedir a volta...

O ‘número dous’ do PSOE de Lugo súmase a pedir a volta de Besteiro á primeira liña da política galega

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo e alcalde de Castroverde, José María Arias, sumouse este xoves ás voces que reclaman a volta á primeira liña política de José Ramón Gómez Besteiro.

Arias únese a unha longa lista de políticos socialistas que reclaman o regreso do que foi secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo, unha vez xa non está imputado na Operación Pulpo. O alcalde de Castroverde enunciou que “a volta de Besteiro significa moito para todos e para o PSOE“, lamentando, a continuación, que se lle truncase, no seu día, “a traxectoria dun político en auxe”.

É un valor moi grande que temos no partido e a súa volta debémola de celebrar todos”, insistiu nesa idea o ‘número dous’ dos socialistas de Lugo. Despois desta longa “travesía no deserto”, de case sete anos por parte de Besteiro, que se apartou da política en 2016, José María Arias reivindicou que “alguén ten que pedir desculpas polo dano feito“, mesmo suxire que “desde a xustiza” tamén.

O que sucedeu foi unha inxustica que se fixo ao PSOE e a outros membros do partido. Por todo o que pasou, que se utilizou isto, habería que pedir desculpas porque o PP foi o gran beneficiado”, ao ter que sacrificar tamén ao exalcalde de Lugo Xosé López Orozco en 2015.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...