InicioPolíticaJavier Cerqueiro: "Besteiro aínda é novo e ten futuro no PSdeG"

Javier Cerqueiro: “Besteiro aínda é novo e ten futuro no PSdeG”

O ex xefe de gabinete de quen foi presidente provincial abre a porta a súa volta á política activa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do PSOE no Congreso pola provincia de Lugo, Javier Cerqueiro, auguroulle “todo o futuro do mundo” a José Ramón Gómez Besteiro, e deixa a porta aberta a que sexa candidato á Xunta de Galicia.

Cerqueiro, que foi xefe de gabinete de Besteiro cando presidía a Deputación de Lugo, prognostícalle “todo o futuro do mundo, é aínda un home que é novo“. Tanto é así, que deslizou que “ten a idade de Orozco cando empezou na alcaldía”. “Ten futuro, pero depende del, que queira el”, agregou.

Así, lembra que “hai que deixar claro que foron uns anos moi duros para el” polas diversas imputacións nas que se viu envolto. “Pasou unha auténtico vía crucis e hai que deixalo decidir a el, o que queira e como queira”. “É un activo político que pode modificar moitas cousas en Galicia”, intúe.

Respecto diso dunha posible candidatura de Besteiro á Xunta de Galicia polo PSdeG, incidiu en que será “o que el queira”. “Eu o que teño claro é que empezou un proxecto, eu xunto con el sendo xefe de gabinete na Deputación sacamos adiante un proxecto municipalista, que iniciaramos con Orozco no Concello de Lugo. Agora Valentín (González Formoso), Lara (Méndez) e Tomé colleron esa substitución”, sentenciou.

“Agora somos un equipo e hai que ver o que é mellor para o partido, ademais, entre Valentín (González Formoso) e José Ramón (Gómez Besteiro) hai unha relación boísima“. “Calquera dos dous poderían ser candidatos (á Xunta), porque Valentín está tamén moi capacitado”, indicou o deputado nacional do PSOE por Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...