InicioPolíticaO PSdeG-PSOE demanda á Xunta reformas para que os gandeiros axilicen a...

O PSdeG-PSOE demanda á Xunta reformas para que os gandeiros axilicen a tramitación do certificado dixital

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) demandou este luns á Xunta axilizar a tramitación administrativa para que os gandeiros poidan obter o certificado dixital, así como poder concorrer a subvencións e tramitar expedientes coas diferentes administracións.

Segundo informou o Grupo Socialista nun comunicado, o PSdeG-PSOE reclamará ao Goberno galego, a través dunha moción na Deputación de Lugo, reformas na tramitación do certificado dixital despois de escoitar as queixas dos gandeiros lucenses.

Con esta proposta, os socialistas demandan “dotar do persoal necesario ao rexistro da Delegación de Lugo para garantir que se atendan todas as citas concedidas para obter o certificado dixital, e que se tomen as medidas precisas para descentralizar a realización deste trámite, estudando coa Deputación e os concellos fórmulas que eviten os desprazamentos ou se reduzan considerablemente”.

Ademais, na iniciativa rexistrada, o PSdeG-PSOE insta á Xunta “a mellorar a cobertura da liña telefónica e Internet para avanzar no camiño de facilitar o acceso á administración por vía telefónica e dixital aos veciños do rural lucense”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...