InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide ao Concello de Antas que axilice os...

A Deputación de Lugo pide ao Concello de Antas que axilice os trámites para construír o Parque Central de Galicia

Espera que o alcalde, Javier Varela, convoque "canto antes" un pleno no Concello para aprobar o Plan Especial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo pediu ao Concello de Antas de Ulla que axilice os trámites para poder acometer as obras de construción do Parque Central de Galicia, o proxecto impulsado pola institución provincial para pór en valor o centro xeográfico da Comunidade, situado en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante.

Tal como informou a Deputación nun comunicado, tras múltiples xestións co Concello e despois de chegar a un acordo co Instituto de Estudos do Territorio da Xunta para realizar algunha modificación do proxecto inicial, o ente provincial trasladou en novembro o proxecto modificado á localidade lucense.

Por iso, a Deputación espera que o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, convoque “canto antes” un pleno no Concello para aprobar o Plan Especial para poder construír o Parque Central.

Así, pediu “colaboración leal” para que resolva rápido este expediente, xa que os veciños de Antas “non entenderían que o Concello non colaborase e puxese trabas para aprobar o citado plan”.

“De non producirse a aprobación do Plan Especial para poder construír o Parque Central do centro xeográfico de Galicia nun tempo prudencia, a Deputación encargaría aos servizos xurídicos iniciar as accións legais oportunas para poder sacar adiante este proxecto”, reivindicou a administración provincial, que desexa que “non sexa necesario” expor ningunha demanda.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...