InicioPolíticaRuben Arroxo presenta a súa candidatura: "O BNG vai a optar a...

Ruben Arroxo presenta a súa candidatura: “O BNG vai a optar a todo”

Polo momento é a única presentada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, rexistrou a súa candidatura para encabezar a lista de cara ás eleccións municipais do 2023, polo momento, a única que se presentou. Rubén Arroxo explicou que “o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia”.

Salientou que presentou a súa candidatura “para unhas eleccións nas que o BNG vai optar a todo”, e engadiu “temos optimismo, ilusión e ganas de seguir levando adiante un cambio profundo en Lugo”.

O Responsábel local do BNG, Felipe Rivas explicou que o Consello Local abriu un procedemento no que calquera militante pode presentar a súa candidatura, e engadiu que “a asemblea local reunirase o vindeiro luns 26 e escollerá á cabeza de lista de cara ás eleccións de 2023”. A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...