InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo aproveitará a xuntanza con Rueda para criticar que...

A alcaldesa de Lugo aproveitará a xuntanza con Rueda para criticar que lle negue a praia fluvial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aproveitará a reunión que manterá o 24 de outubro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para afearlle “a negativa do goberno galego” a que a cidade conte cunha zona pública de baño.

Tras varios intentos de levar esa infraestrutura flotante ao Miño, na zona da Nacional VI co campus universitario, a Xunta volveu a argumentar o posible dano ecolóxico que se podería producir pola presenza de mexillóns de río.

Méndez lamentou que, de novo, a Xunta informase desfavorablemente sobre a praia fluvial, “porque os argumentos que emite agora son contrarios ao informe que trasladou no seu día“. “Cando menos é chocante ese cambio de opinión con respecto á ubicación. Agora vén dicir que alí, onde se quere situar, non pode ser. Se o dixeran nun primeiro momento buscariamos outro emprazamento”, apuntou.

A alcaldesa de Lugo protestou porque “parece ser que a Xunta non ten intención, cando menos este ano, de que os lucenses teñan esa zona pública de baño“. Xa avanzaba que este será “un tema” que tratará nesa reunión con Rueda, “entre outros moitos temas pendentes na nosa cidade”.

“Non descartamos outro tipo de actuacións que podamos facer porque nos parece discriminatorio, e parécenos un uso partidista da Xunta contra os veciños e veciñas de Lugo para que non conten con esa zona de baño”, deslizou. En canto a esas “accións” para facer cambiar de opinión á Xunta de Galicia, a tamén número dous do PSOE galego, limitábase a certificar que “se están estudando“.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...