InicioPolíticaO alcalde de Castro de Rei asume a viceportavocía do PP na...

O alcalde de Castro de Rei asume a viceportavocía do PP na Deputación de Lugo

Francisco Balado pide a Tomé aumentar o Plan Único.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, asume a viceportavocía do PP na Deputación de Lugo tras a vacante que deixaba á súa marcha Agustín Baamonde. Balado arrinca esta nova etapa coa esixencia ao goberno de José Tomé de que, “ao fío dos novos orzamentos, se incremente ata os 26 millóns de euros o Plan Único”.

Así, insiste en que só con este incremento cumprirase ” coa promesa que fixo ao comezo do curso político de aumentar o gasto no Plan Único nun 25%”. Destaca o novo viceportavoz popular provincial que “a Deputación recibirá máis fondos debido ao incremento na participación dos tributos do Estado. “Por iso queremos que cumpran ese compromiso que anunciaron de aumentar o gasto no Plan único ata os 26 millóns de euros”, agrega.

Lembra Francisco Balado que o executivo provincial ten que “pensar nos municipios e en que asumen gastos extraordinarios como consecuencia da subida da factura eléctrica e dos carburantes”.

Para o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, a incorporación ao equipo de Franciso Balado “será a voz non só de Castro de Rei, senón de todos os concellos pequenos e medianos que necesitan que os defendan con forza, porque en moitas ocasións son ninguneados pola Deputación en temas como estes”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...