InicioPolíticaA Deputación de Lugo reclama ao Goberno a reconstrución do viaduto da...

A Deputación de Lugo reclama ao Goberno a reconstrución do viaduto da A-6

Tomé defende a actuación do Executivo central, pero o PP aféalle que sexa "peloteiro" de Sánchez e non defenda "os intereses da provincia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A unanimidade do pleno da Deputación de Lugo, cos votos afirmativos dos tres grupos –PP, PSOE e BNG–, reclamou ao Executivo presidido por Pedro Sánchez a reconstrución do viaduto da A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro. As tres formacións presentaron mocións a este respecto, pero no caso da do PSOE incluíase a petición dunha “investigación sobre as causas do suceso e medidas para minimizar o seu impacto na economía lucense”.

O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, explicou que o que queren “é que se siga facendo o que está a facer o Goberno, que xa superou o que se pide noutras mocións”. “O Goberno tivo unha reacción moi rápida, foi inmediata coa visita da ministra (de Transportes) ao día seguinte de producirse o derrube do segundo tramo”, destacou. “Están a facer o que hai que facer, que é que os técnicos miren cal foi o problema para pór a mellor solución posible e canto antes”, insistiu o presidente provincial.

Desde o BNG, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, esixiu “o que máis preocupa aos veciños, que é o por que caeu esa ponte”, ante o que suxeriu a necesidade de “abrir unha investigación fiable e que dean esa aclaración de por que pasou o que pasou”. “Tamén queremos saber a situación na que están o resto de pontes“, agregou a nacionalista.

PP: “ESTE GOBERNO NUNCA ESTIVO Á ALTURA”

Pola súa banda, o portavoz do PP, Javier Castiñeira, puxo o acento na “preocupación” que reina na provincia a conta do derrube dos dous alicerces do viaduto do Castro. Seguidamente, sinalou que o que se persegue é que “se actúe con rapidez, e que se actúe con eficacia, aínda que este Goberno nunca estivo á altura dos grandes problemas” de Lugo.

“Tampouco temos moita confianza en Tomé, porque Tomé é un verdadeiro peloteiro de Pedro Sánchez e nas grandes cousas sempre preferiu defender as accións de Sánchez e non os intereses da provincia e aí está o tema do lobo (coa prohibición da súa caza) ou da Comisaría de Lugo”, afeou Castiñeira.

Finalmente, saíron adiante as distintas mocións presentadas por socialistas, populares e nacionalistas para apremar a que se acometa a reconstrución da ponte o “antes posible” para non entorpecer tamén a propia economía da provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...