InicioPolíticaPontón acusa o PP e PSOE de "silenciar" as responsabilidades do "escándalo"...

Pontón acusa o PP e PSOE de “silenciar” as responsabilidades do “escándalo” na A-6

"A quen queren protexer?", pregúntase a líder nacionalista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou Xunta e Goberno central de “silenciar” as responsabilidades detrás do “escándalo” dos derrubamentos no viaduto do Castro da A-6, o último deles rexistrado na tarde do xoves, pouco máis dunha semana despois do primeiro colapso na ponte da autovía que conecta Galicia coa Meseta.

“A quen queren protexer?”, preguntouse este venres a líder frontista nunha rolda de prensa na que cargou contra PP e PSOE polo seu “impresentable pacto de silencio” sobre unha situación que tachou de “escandalosa”.

“En apenas unha semana pasamos de estar a falar da reapertura da ponte despois de arranxos millonarios a falar da súa demolición”, aseverou Pontón, que lembrou que o viaduto que “cae a cachos” foi construído “hai 20 anos, non 200” e é unha das infraestruturas viarias máis caras da rede de estradas do Estado.

Neste sentido, tras lembrar que o BNG xa rexistrou peticións de comparecencia urxente no Congreso, urxiu á ministra de Transportes, Raquel Sánchez, a desprazarse á zona e ofrecer explicacións sobre unha infraestrutura “de primeiro nivel”.

“É lamentable que a ministra se limite a poñer un tuit ante un feito tan grave”, remarcou a portavoz nacionalista, que pediu transparencia sobre as empresas responsables da construción do viaduto de Castro, xa que considera que a Xunta e o Estado están “a encubrilas”. Ademais de explicacións, o Bloque tamén pediu que se estableza un “calendario” para que a situación na principal arteria de comunicación de Galicia co centro do Estado volva á normalidade.

“ILLAMENTO DE LUGO”

O portavoz do BNG no Concello de Lugo e tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, lamentou tamén este venres que “agora Lugo non ten conexión por vía ferroviaria e agora tampouco pola autovía A-6” tras a caída de parte dun viaduto na zona de Pedrafita do Cebreioro.

“É bastante escandaloso na situación na que estamos a quedar porque agora mesmo Lugo non ten conexións a través da rede ferroviaria, non ten conexión coa autovía con este corte porque o rodeo que hai que dar e o tempo que se perde é moi importante”, queixouse. Arroxo foi un das testemuñas do novo derrube que se rexistrou na tarde deste xoves noutra das partes que conforman o viaduto do Castro, na A-6, no limite entre a provincia de Lugo e León.

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo advertiu de que teñen “claro que isto non pasaría se fora na entrada de Madrid, porque se fora na entrada de Madrid ao día seguinte estaría a ministra (de Transportes) ou o mesmo día para buscar unha solución urxente“.

“Aquí o que se fai é prolongar esta situación, non se sabe moi ben e non teñen claro o que van facer, non se sabe moi ben nin sequera que estudos se van facer ao respecto e desde logo cremos que é importantísimo que isto se solucione xa porque a A-6 é vital para Lugo, porque senón Lugo queda illado porque non temos ferrocarril e agora mesmo tampouco autovía”, afeou finalmente.

A unha zona próxima do Castro desprazáronse este xoves edís do BNG, que presenciaron desde a distancia a caída doutro alicerce da ponte. Entre eles atopábase Rubén Arroxo, que chegou á zona poucos minutos despois do derrubamento, sobre as 19,00 horas do xoves.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...