InicioPolíticaSenadores do PP esixen aclarar os prazos da A-76 ao seu paso...

Senadores do PP esixen aclarar os prazos da A-76 ao seu paso por Lugo

Os 'populares' denuncian "unha absoluta falta de vontade" por parte do Goberno de España na execución desta autovía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Senadores populares por Lugo esixiron ao Goberno que aclare os prazos para executar o tramo da autovía A-76, entre Ponferrada e Ourense, ao seu paso pola provincia lucense.

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela enviaron un comunicado no que remarcan que tratan de conseguir que o Goberno fixe prazos concretos e saque adiante ás infraestruturas iniciadas ou comprometidas.

Incidiron en que o Ministerio de Transportes “elude dar datas para a construción” desta autovía ao seu paso pola provincia de Lugo, “a pesar de que os estudos informativos para estes tramos termináronse no ano 2013”.

“É evidente que hai unha absoluta falta de vontade por parte do Goberno central para a execución da A-76, unha autovía que suporá un eixo estratéxico para a vertebración da Galicia interior e para o acceso a Galicia desde Castela e León e a Meseta, debido á súa conexión coa A-6″, aseveran.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...