InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo exise que a alcaldesa e un exconcelleiro paguen...

O PP de Lugo exise que a alcaldesa e un exconcelleiro paguen os 2,4 millóns de indemnización pola Fábrica da Luz

O viceportavoz popular, Antonio Ameijide, avanzou este venres a presentación dun requirimento dirixido á rexedora para que achegue esta contía, porque quere "evitar que os lucenses volvan ser os que paguen as malas decisións, as neglixencias e as chapuzas" do goberno local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP está disposto a “esgotar todas as vías legais” para conseguir “que se depuren responsabilidades políticas” e que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o exconcejal de Medio Ambiente Daniel Piñeiro paguen “do seu peto” a indemnización de máis de 2,4 millóns de euros que impuxo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola caducidade do proxecto de musealización da Fábrica da Luz.

En concreto, o viceportavoz popular, Antonio Ameijide, avanzou este venres a presentación dun requirimento dirixido á rexedora para que achegue esta contía, porque quere “evitar que os lucenses volvan ser os que paguen as malas decisións, as neglixencias e as chapuzas” do goberno local.

Neste contexto, Ameijide explicou que os populares “sempre” defendeu “que deben pagar os políticos responsables os máis de 2,4 millóns de indemnización” á concesionaria do proxecto, tal e como sentenciaron os maxistrados do TSXG.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...